María II de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría II de Portugal

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Maria II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1819 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1853 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteTrastorno puerperal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPanteão dos Braganças (pt) Traducir
Igrexa de São Vicente de Fora Editar o valor em Wikidata
Monarca de Portugal
26 de maio de 1834 – 15 de novembro de 1853
← Miguel I de PortugalPedro V de Portugal →
Monarca de Portugal
2 de maio de 1826 – 23 de xuño de 1828
← Pedro I do BrasilMiguel I de Portugal → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesA educadora
País de nacionalidadeBrasil
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque do Porto (1833–1838)
Rei de Portugal
Infanta de Portugal Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bragança Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFernando II de Portugal (1836–1853)
Augusto de Beauharnais (pt) Traducir (1835–1835) Editar o valor em Wikidata
FillosPedro V de Portugal, Lois I de Portugal, Infanta Maria of Portugal (en) Traducir, João de Bragança, Duque de Beja (pt) Traducir, Maria Ana de Bragança, Princesa da Saxónia (pt) Traducir, Antónia de Bragança (pt) Traducir, Fernando Maria Luís de Bragança (pt) Traducir, Augusto de Bragança, Duque de Coimbra (pt) Traducir, Infante Leopoldo of Portugal (en) Traducir, Infanta Maria da Glória of Portugal (en) Traducir, Infante Eugénio of Portugal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPedro I do Brasil Editar o valor em Wikidata  e María Leopoldina de Austria Editar o valor em Wikidata
IrmánsMiguel de Bragança, Príncipe da Beira (pt) Traducir, João Carlos, Príncipe da Beira (pt) Traducir, Januária Maria de Bragança (pt) Traducir, Paula Mariana de Bragança (pt) Traducir, Rodrigo Delfim Pereira (pt) Traducir, Isabel Maria de Alcântara Brasileira (pt) Traducir, Francisca de Bragança (pt) Traducir, Pedro II do Brasil, Pedro de Alcântara Brasileiro de Saisset (pt) Traducir e Maria Isabel de Alcântara Bourbon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Braganza-38 Find a Grave: 9687778 Editar o valor em Wikidata
Raíña María II de Portugal

María II de Portugal (nada en Río de Xaneiro o 4 de abril de 1819 e finada en Lisboa o 15 de novembro de 1853) foi raíña de Portugal, alcumada a Educadora. Nada no Brasil, foi a única americana xefe de estado dun estado europeo.

Era a filla do rei Pedro IV de Portugal, tamén emperador do Brasil co nome de Pedro I, e da súa primeira esposa a arquiduquesa Maria Leopoldina Josefa Carolina de Austria. Foi a segunda e última muller que logrou acceder ao trono de Portugal.

Ascenso ao trono[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerras Liberais.

En marzo de 1826 morreu o rei Xoán VI, o que provocou unha crise de sucesión no país. O seu herdeiro, Pedro IV, proclamouse emperador do Brasil en 1822. Xoán tiña outro fillo Miguel, pero estaba exiliado en Austria logo de liderar unha serie de levantamentos contra o seu pai e o seu réxime liberal.

O rei designou á súa filla preferida, Isabel María, rexente ata que o seu "herdeiro lexítimo regresase ao país". Pero xamais especificou quen era ese herdeiro, se era Pedro o emperador, ou Miguel, o príncipe no exilio.

Advertido de que os seguidores do seu irmán estaba listos para colocar a Miguel no trono, Pedro abdicou en favor da súa filla máis vella, María da Gloria, que só tiña sete anos de idade, coa condición de que casase co seu tío Miguel e de que este aceptase a Constitución Liberal e exercese a rexencia ata que a súa sobriña alcanzase a maioría de idade.

Miguel simulou que aceptaba a proposta, pero ao chegar a Portugal, derrocou a María e proclamouse a si mesmo rei, abolindo a constitución liberal. Durante o reinado do seu esposo, María percorreu diversas cortes europeas, incluíndo a do seu avó en Viena así como Londres e París.

Pedro abdicou do trono brasileiro en 1831 en favor do seu fillo Pedro de Alcántara, e desde a súa base nos Azores atacou a Miguel, obrigándoo a abdicar en 1834. María II retomou a coroa e conseguiu a anulación do matrimonio co seu tío.

Reinado[editar | editar a fonte]

O 26 de xaneiro de 1835, con 15 anos de idade, casou con Carlos, duque de Leuchtenberg, fillo de Eugène de Beauharnais e neto da emperatriz Xosefina. Carlos morreu o 28 de marzo dese mesmo ano, dous meses logo da voda.

O 1 de xaneiro de 1836, María casou co príncipe Fernando de Saxonia Coburgo Gota que gobernou como rei consorte. Recibiu o título, de acordo coa tradición portuguesa, ao nacer o seu primeiro fillo, o herdeiro.

O reinado de María II enfrontouse a unha insurrección o 16 de maio de 1846, que foi sufocada polas tropas realistas o 22 de febreiro de 1847. Promulgouse unha acta ditada para asegurar a saúde pública que evitou que se expandise o cólera polo país. Ademais apoiou políticas que fomentaban o aumento do nivel educativo da poboación.

Tras diversos embarazos e partos, os médicos informaron a María II do perigo que supuña para a súa saúde dar a luz a un fillo por ano. María non fixo caso das advertencias e morreu ao dar a luz ao príncipe Uxío en 1853.

Trazos da súa personalidade[editar | editar a fonte]

A raíña María II é recordada como unha nai exemplar e unha persoa agradable que actuou sempre segundo as súas conviccións, intentando axudar ao seu país. Máis tarde recibiu o alcume de a boa nai.


Predecesor:
Pedro IV
 raíña de Portugal 
1826-1828
Sucesor:
Miguel I
Predecesor:
Miguel I
 raíña de Portugal 
1834-1853
Sucesor:
Pedro V