Maryse Condé
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maryse Condé, de nome real Maryse Philcox, nada en Pointe-à-Pitre en 1937) é unha escritora de Guadalupe, un departamento francés de ultramar.
Traxectoria [editar]
Naceu no seo dunha familia acomodada, estudou inglés na Sorbona. En 1959 casou co actor africano Mamadou Condé, logo de graduarse ensinou en Bingerville (Costa do Marfil), Guinea e Gana. En 1981 casou con Richard Philcox, o tradutor das súas obras ao inglés. Foi así mesmo profesora da Universidade de Columbia. As novelas de Condé exploran as cuestións de xénero, raza e cultura en diferentes lugares e épocas históricas. Ségou e a súa obra máis coñecida.
Obra [editar]
- Hérémakhonon. París: Union générale d'édition, 1976.
- Une Saison à Rihata. París: Robert Laffont, 1981.
- Ségou: Les Murailles de terre. París: Robert Laffont, 1984.
- Ségou II: La Terre en miettes. París: Robert Laffont, 1985.
- Pays mêlé, suivi de Nanna-ya. París: Hatier, 1985.
- Moi, Tituba, sorcière noire de Salem. París: Mercure de France, 1986.
- La Vie scélérate. París: Seghers, 1987.
- Traversée de la Mangrove. París: Mercure de France, 1989.
- Les Derniers Rois Mages. París: Mercure, 1992.
- La Colonie du Nouveau Monde. París: Laffont, 1993.
- La Migration des coeurs. París: Laffont, 1995.
- Desirada. París: Laffont, 1997.
- Le Coeur à rire et à pleurer, contes vrais de mon enfance. París: Laffont, 1999.
- Célanire cou-coupé. París: Laffont, 2000.
- La Belle Créole. París: Mercure, 2001.
- Histoire de la femme cannibale. París: Mercure, 2003.