Mary Rathbun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary J. Rathbun.

Mary Jane Rathbun, nada en Buffalo, New York o 11 de xuño de 1860 e falecida en Washington, D.C. o 14 de abril de 1943, foi unha zoóloga estadounidense especializada en carcinoloxía que traballou na Smithsonian Institution desde 1884 até a súa morte.

Publicacións[editar | editar a fonte]

A primeira publicación de Mary J. Rathbun, en colaboración con James Everard Benedicto e referida ao xénero Panopeus data de 1891. Xubilouse o último día do ano 1914, pero non deixouó de traballar até a súa morte.[1] O seu traballo máis importante foi Les crabes d'eau douce ("Os cangrexos de augua doce"), concibida orixinalmente como unha soa publicación, pero que finalmente foi publicada en tres volmes entre 1904 e 1906.[1]

Escribiu, en solitario ou en colaboración, un total de 166 artigos, nos que fixo a descrición de 1147 novas especies e subespecies, 63 novos xéneros, unha subfamilia, 3 familias e unha superfamilia, así como outras novidades en nomenclatura.[1] Os taxons descritos por Rathbun inclúen especies comerciais importantes, como o cangrexo azul do Atlántico, Callinectes sapidus,[2] e o cangrexo curtidor, Chionecetes bairdi.[3]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Gran número de taxons foron denominados en honor de Mary J. Rathbun:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Waldo L. Schmitt (1973): "Mary J. Rathbun 1860-1943". Crustaceana 24 (3): 283–296. PDF.
  2. Michael Türkay (2010). "Callinectes sapidus Rathbun, 1896". http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=107379. 
  3. Peter Davie (2010). "Chionoecetes bairdi Rathbun, 1893". http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=368558. 
  4. Hans G. Hansson. "Dr. Mary Jane Rathbun". Biographical Etymology of Marine Organism Names. http://www.tmbl.gu.se/libdb/taxon/personetymol/petymol.qr.html. 
  5. Peter K. L. Ng & Paul F. Clark (2003). "Three new genera of Indo-West Pacific Xanthidae (Crustacea, Decapoda, Brachyura, Xanthoidea)" (PDF). Zoosystema 25 (1): 131–147. http://www.mnhn.fr/publication/zoosyst/z03n1a4.pdf. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]