Mary Blair
Mary Blair | |
---|---|
Nome completo | Mary Browne Robinson |
Nacemento | 21 de outubro de 1911 |
Lugar de nacemento | McAlester |
Falecemento | 26 de xullo de 1978 |
Lugar de falecemento | Soquel |
Causa | hemorraxia cerebral |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Chouinard Art Institute e Universidade Estatal de San Jose |
Ocupación | ilustradora, pintora e concept artist |
Cónxuxe | Lee Blair |
Premios | Disney Legends e Winsor McCay Award |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
Mary Robinson, coñecida como Mary Blair, nada o 21 de outubro de 1911 e finada o 26 de xullo de 1978, foi unha debuxante norteamericana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Blair foi unha artista estadounidense destacada nos eidos da produción artística e a animación para The Walt Disney Company, debuxando arte conceptual para filmes como Alice in Wonderland, Peter Pan, Song of the South e Cinderella. Blair tamén creou deseños de personaxes para atraccións que aínda están en uso como It's a Small World de Disneyland, a escena de festival en El Rio del Tiempo no pavillón de México no World Showcase de Epcot, e un enorme mosaico dentro do Disney's Contemporary Resort.
Varios dos seus libros infantís ilustrados nos 1950 aínda están dispoñíbeis, como I Can Fly (Podo voar), de Ruth Krauss. Blair foi homenaxeada como Disney Legend en 1991.