Mary-Louise Parker
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary-Louise Parker, nada o 2 de agosto de 1964 en Columbia, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria[editar]
Coñecida polos seus papeis en Fried Green Tomatoes, Boys on the Side, Proof, The West Wing, Angels in America, polo que recibiu un Globo de Ouro e un Emmy pola mellor actriz de reparto. Desde 2005 interpreta a Nancy Botwin na serie Weeds da canle Showtime.
