Marty Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaMarty Wright

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Phoenix, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesThe Boogeyman
Marty Wright
Liar Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Altura188 cm Editar o valor em Wikidata
Peso120 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , loitador profesional Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
Deportewrestling profissional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0942630 Twitter: realboogey Instagram: realboogeycomin2getcha Editar o valor em Wikidata

Martin (Marty) Wright, chamado artisticamente The Boogeyman, nado o 15 de xullo de 1964, é un loitador profesional e actor estadounidense que actualmente traballa para a World Wrestling Entertainment loitando na súa marca ECW.

World Wrestling Entertainment[editar | editar a fonte]

Tough Enough[editar | editar a fonte]

Wright iniciouse na loita libre profesional tras entrar ó programa da World Wrestling Entertainment (WWE) Tough Enough. O 15 de outubro de 2004 asistiu a un evento que seleccionaría os oito finalistas entre 50 participantes. Wright superou o primeiro día de eliminacións, pero ao admitir que tiña 40 anos (5 anos por riba do límite para os participantes) e non 30 anos como dixera, foi eliminado da competición.

Ohio Valley Wrestling[editar | editar a fonte]

Tras o pasado en Tough Enough, os oficiais da WWE convidárono a que fora ó Ohio Valley Wrestling (OVW) para adestrar, onde estivo dende febreiro ata xuño de 2005. Fixo o seu debut na OVW o 25 de xuño de 2005.

Durante un dark match provocou a Seth Skyfire e a Robert Fury. Xunto a Robbie Dawber, Wright entrou no ring e derrotou os tres homes. Logo anunciou que era "The Boogeyman" antes de deixar o ring.

Estilo[editar | editar a fonte]

É característica a súa entrada ó ring. A iluminación pasa a vermello e aparece un intenso fume na entrada. Entón entra Wright a catro patas, cun reloxo na boca e cun caxato que bota fume. Entón érguese, bate co reloxo na cabeza, estoupan uns petardos e diríxese ó ring cun estraño baile, como se tivese convulsións. Pasa por baixo das cordas, deixa o reloxo e o caxato na escada e xa dentro do ring expulsa escuma pola boca.