Martin Wegelius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martin Wegelius
Martin Wegelius.
Nacemento10 de novembro de 1846
 Helsinqui,
Gran Ducado de Finlandia (Imperio Ruso)
Falecemento22 de marzo de 1906
 Helsinqui,
Gran Ducado de Finlandia (Imperio Ruso) (59 anos)
Soterradocemiterio de Hietaniemi
NacionalidadeFinlandia
EtniaSueco-Finlandeses
Na rede
Musicbrainz: fe89d66b-8563-4961-8eb7-acfedec87a19 Allmusic: mn0001679589 Find a Grave: 180401795 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Martin Wegelius, nado o 10 de novembro de 1846 en Helsinqui e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 1906, foi un compositor e pedagogo finlandés.[1] Foi o fundador do Conservatorio de Helsinqui (actualmente coñecido como Sibelius-Akatemia), tendo nesta institución como alumno destacado a Jean Sibelius entre 1885 e 1888.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Martin Wegelius naceu en Helsinqui, no Gran Ducado de Finlandia (daquela pertencente ao Imperio Ruso), o 10 de novembro de 1846. Fillo dun funcionario da Helsingin yliopisto, Martin iniciouse na música recibindo clases particulares. Posteriormente cursou literatura e filosofía na universidade da súa cidade natal, graduándose en 1869.[3]

En 1870 trasladouse a Europa Central cunha bolsa de estudos do goberno finlandés, estudando primeiro en Viena co organista Rudolph Bibl, e dende 1877 en Leipzig. Ao seu regreso a Finlandia en 1878 gañou o posto de director da Ópera Finlandesa en Helsinqui, e catro anos despois fundou o Conservatorio da capital finlandesa, institución que dirixiría ata a súa morte.[3] Wegelius era un gran entusiasta da música de Richard Wagner, cuxa música introduciu e difundiu no seu país, e no inverno de 1898 a 1899 fundou xunto cuns amigos unha sociedade wagneriana na capital finlandesa.[4]

Durante os últimos anos do século XIX Martin Wegelius só foi superado en popularidade en Finlandia polo director de orquestra Robert Kajanus, co que acabou mantendo unha forte rivalidade. En 1904 foi nomeado membro da Kungliga Musikaliska Akademien (Real Academia de Música) en Suecia.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Wegelius escribiu unha serie de libros para o uso no Conservatorio, e pasou a maior parte do seu tempo buscando novas e mellores ferramentas educativos. Isto fixo que a súa produción musical non fora moi extensa, reducíndose a algunhas páxinas orquestrais, unha peza concertante para orquestra e piano, algunhas cancións, unha cantata, e diversas pezas instrumentais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nationalencyklopedin (ed.). "Martin Wegelius" (en sueco). Consultado o 21 de agosto de 2014. 
  2. sibelius.fi (ed.). "Studies in Helsinki 1885-1888" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 allmusic.com (ed.). "Martin Wegelius. Artist Biography by Blair Johnston" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2014. 
  4. Matti Huttunen. "Martin Wegelius: Founder of The First Wagner Society in Finland (1846-1906)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]