Martial Célestin
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martial Célestin, nado o 4 de outubro de 1913 e finado o 4 de febreiro do 2011, foi un avogado haitiano nomeado Primeiro Ministro polo Presidente Leslie Manigat no marzo de 1988 baixo a estreada Constitución de 1987, que fora aprobada no Parlamento formado polas Eleccións do 17 de xaneiro de 1988. Foi deposto por un golpe de estado que tivo lugar o 20 de xuño dese mesmo ano.
| Primeiro Ministro de Haití | ||
|---|---|---|
Segue a: Non existía o cargo |
Martial Célestin
(9 de febreiro de 1988-20 de xuño de 1988)
|
Precede a: René Préval (1991) |