Martín José Iriarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartín José Iriarte
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1799 Editar o valor em Wikidata
Urritza, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1872 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Gayangos, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
14 de xullo de 1858 – decembro de 1868
Circunscrición electoral: senador vitalicio
Capitán Xeral de Galicia
29 de setembro de 1855 – 20 de decembro de 1855
← Q124382169 TraducirFrancisco Ruiz Martínez (en) Traducir →
Deputado no Congreso dos Deputados
13 de febreiro de 1855 – 2 de setembro de 1856
← Francisco Santa Cruz
Circunscrición electoral: Cuenca (en) Traducir
Senador de España
14 de febreiro de 1842 – decembro de 1843
Circunscrición electoral: Provincia da Coruña
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 1841 – 8 de xaneiro de 1842
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña
Capitán Xeral de Galicia
14 de setembro de 1840 – 14 de novembro de 1840
← José Laureano SanzSantos Fernández San Miguel y Valledor (en) Traducir →
Vicerrei de Navarra
xullo de 1837 – setembro de 1837
← Joaquín Ezpeleta Enrile (en) TraducirFrancisco Cabrera → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor em Wikidata
Rango militarcapitão-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Martín José Iriarte Urdániz, nado en Urritza (Navarra) o 8 de outubro de 1799 e finado en Gayangos (Merindad de Montija, Burgos) o 8 de xullo de 1872,[1] foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1817 embarcou para América combatendo no Perú ata 1825. Brigadier, home de confianza de Espartero. Foi vicerrei de Navarra (1837). Foi nomeado Comandante militar de Ourense en novembro de 1839. Destinado na Coruña, participou na rebelión progresista de 1840 e foi nomeado pola Xunta Central Capitán Xeneral de Galicia o 14 de setembro de 1840, en substitución de Laureano Sanz. Foi substituído polo xeneral Santos San Miguel o 4 de novembro. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Coruña nas eleccións de febreiro de 1841. Nomeado senador pola provincia da Coruña o 29 de marzo de 1841, renunciou o 30 de abril. Membro da Xunta de Salvación, Armamento e Defensa de Madrid en 1854 (do 19 de xullo ao 1 de agosto). Ascendido a Tenente Xeneral en agosto de 1854, foi nomeado Capitán Xeneral das Vascongadas. Volveu ser elixido deputado a Cortes por Cuenca en 1854. Volveu ser nomeado Capitán Xeneral de Galicia o 29 de setembro de 1885, pero cesou o 18 de outubro dese mesmo ano. En decembro foi nomeado inspector do Corpo de Carabineros da Facenda Pública, do que finalmente foi Director xeral en 1859. Foi nomeado senador vitalicio en 1858.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia de España, 9-7-1872, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Biografía del Excmo. Sr. Martín José Iriarte Teniente General y Senador del Reino". Escenas contemporáneas (1): 279–289. 1863. 
  • El Teniente general don Martín José Iriarte / Chamorro Baquerizo, Pedro en Estado Mayor General del Ejército Español : Sección de Tenientes Generales / redactada baixo a dirección de Pedro Chamorro y Baquerizo H. 469-476. [185-?]
  • Prado Gómez, Antonio (1988-1989). Deputación Provincial de Lugo, ed. "La rebelión progresista de 1840 en Lugo". Boletín do Museo Provincial de Lugo (4): 57–76. Consultado o 18 de novembro de 2012. 
  • Martín José de Iriarte y Urdániz na Real Academia da Historia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]