Bodegas Martín Códax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Martín Códax (adega)»)
Bodegas Martín Códax

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1985
LocalizaciónVilariño, Cambados
IndustriaEnoloxía
ProdutosViño albariño, augardente e licor.
Na rede
http://www.martincodax.com
editar datos en Wikidata ]
Fachada principal.

Bodegas Martín Códax é unha adega fundada no 1985 en Vilariño, Cambados, adicada á elaboración de viño albariño. Xunto con Condes de Albarei é a adega de maior volume de produción da comarca do Salnés.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A empresa constituíuse baixo a forma dunha sociedade anónima. A uva que adquire a adega procede de dúas fontes:

  • Os socios, que posúen a adega e participan na toma de decisións.
  • Particulares aos que se lles merca uva durante a vendima, máis que non participan na vida orgánica da empresa

No ano 2003 comezou a restauración dun edificio en Cacabelos, no Bierzo, coa intención de espallar o negocio á uva mencía.

Tractor agardando por entrar na adega, en plena vendima.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome foi tomado do trobador medieval, e en concordancia coa súa denominación, a empresa patrocinou durante varios anos o Premio de poesía Martín Codax, así coma ao Grupo de Música Antiga Martín Códax.

Premios[editar | editar a fonte]

No 2008 recibiu o medalla de ouro no Concurso Internacional de Viños e Espirituosos CINVE, que tivo lugar na cidade española de Sevilla. O viño gañador foi Martín Códax Lías 2006, que resultou elixido entre candidatos dos cinco continentes [1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]