Martín Balza
Martín Antonio Balza, nado en Salto o 13 de xuño de 1934, é un militar arxentino, veterano da Guerra das Malvinas, que desempeñou o cargo de Xefe do Exército e destacou por realizar unha importante "autocrítica" pública condenando severamente a violación de dereitos humanos realizada polas Forzas Armadas durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) e a imposición de ditaduras militares.
Índice |
[editar] Biografía
Martín Balza ingresou ao Colexio Militar en 1952. Saíu como subtenente e especializouse en artillería. Realizou o curso de tropa de montaña. Egresou da escola de guerra do Perú como oficial de Estado Maior. En 1982 sendo Tenente Coronel foi xefe do Grupo de Artillería 3 (GA3) que combateu na guerra das Malvinas. En 1987, durante a presidencia de Raúl Alfonsín, foi ascendido a xeneral. En 1991 foi designado Xefe do Estado Maior do Exército cargo que desempeñou ata 1999. Durante o seu mando eliminouse o servizo militar obrigatorio. Na actualidade é embaixador arxentino en Colombia.[1]
[editar] As autocríticas
O 25 de abril de 1995, durante a presidencia de Carlos Menem, o xeneral Martín Balza, nese momento Xefe do Exército, presentouse nun importante programa televisivo para ler unha declaración. Esa declaración de Balza está considerada como a primeira autocrítica profunda das Forzas Armadas sobre o seu papel na violación de dereitos humanos durante o Proceso de Reorganización Nacional e a realización de golpes de estado. O xeneral Balza dixo entón entre outras:
Con posterioridade o propio Xeral Balza realizou varias ampliacións da autocrítica do Exército en 1998[2] e 1999 [3]. Como consecuencia foi expulsado do Círculo Militar, a asociación civil máis importante coas que contan os militares en Arxentina.