Mars Observer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mars Observer
Mars Observer preparations.jpg
Mars Observer sendo preparada para o lanzamento.
Tipo Científico
Organización NASA
Destino actual Perdida en órbita heliocéntrica.[1][2][3]
Data de lanzamento 25 de setembro de 1992, 17:05 GMT[4][1][5]
Foguete portador Titan III[1][3]
Sitio de lanzamento Centro de lanzamento de Cabo Cañaveral[1][2]
Obxectivo da misión Estudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID 1992-063A
Masa 1018,0 kg[1]
Potencia 1147,0 W[1]

Mars Observer foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 25 de setembro de 1992 mediante un foguete Titan III desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte. Perdeuse contacto con ela tres días antes de chegar a MArte.[1][3][2]

Características[editar | editar a fonte]

Mars Observer foi a primeira nave da serie Observer, destinada a estudar a xeoloxía e clima de Marte. Os seus obxectivos principais eran determinar a mineraloxía da superficie, estudar a súa topografía, gravedade e campo magnético, os movementos do po marciano e a estrutura e circulación da atmosfera.[1][3][2]

A estrutura principal da nave e a electrónica derivaron dos das naves Satcom-K e DMSP/TIROS, e tiña forma rectangular, de 2,1 x 1,5 x 1,1 metros. A antena de alta ganancia era unha parabólica de 1,5 m de diámetro situada nun extremo dun mastro de 5,5 m de longo, e do corpo sobresaían outros dous mastros de 6 m de longo co magnetómetro e espectrómetro de raios gamma.[1][3][2]

Tras unha viaxe sen problemas, o contacto con Mars Observer perdeuse o 21 de agosto de 1993, tres días antes da chegada a Marte. Ningún dos esforzos por retomar contacto tivo éxito. A comisión de investigación formada para determinar a causa da perda de contacto concluiu que o máis probable foi que unha fuga de propelente durante a presurización dos tanques fixera xirar a nave de maneira descontrolada[1][3][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "Mars Observer" (en inglés). 1 de xullo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1992-063A. Consultado o 11 de agosto de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Mars Observer" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/marerver.htm. Consultado o 11 de agosto de 2013.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Mars Observer (MO)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/mars_observer.htm. Consultado o 11 de agosto de 2013.
  4. "MARS OBSERVER" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=22136. Consultado o 11 de agosto de 2013.
  5. "Mars Observer" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1992.html#MarsObserver. Consultado o 11 de agosto de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars Observer