Mars M-69

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mars M-69 ou Mars M69 foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar cara Marte no ano 1969 para obter datos e imaxes do planeta. Ámbalas dúas sondas non chegaron nin á órbita terrestre por fallo dos seus foguetes lanzadores, uns Proton.[1][2]

As dúas sondas Mars M-69 que se intentaron lanzar eran idénticas e tiñan unha masa duns 4850 kg.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
27 de marzo de 1969 Cosmódromo de Baikonur Mars M-69 Nº1 Fallo O foguete non chegou a órbita terrestre.
2 de abril de 1969 Cosmódromo de Baikonur Mars M-69 Nº1 Fallo Un fallo dun dos motores nada máis engalar fixo que o foguete voara 50 metros en horizontal e logo caera ao solo, explotando e esparexendo o propelente tóxico cerca da zona de lanzamento, poñendo en perigo a tódolos asistentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "Mars M-69" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mars M69 #1, #2" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2013.