Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés
Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés, Marqués de Sargadelos, nado en Santalla de Ozcos (Asturias) o 17 de outubro de 1749 e falecido o 2 de febreiro de 1809, foi un ilustrado que creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza.
Índice |
Traxectoria [editar]
Con base en Ribadeo, onde chegou no 1768, impulsou a industrialización da zona, creando primeiro unha ferrería e logo toda unha industria en Sargadelos, na que chegou a fabricar armas e vaixelas finas. Igualmente, impulsou o comercio, que foi a base da súa fortuna persoal, tanto por mar como no interior da península, de liño e alcohol, e xestionou minas. Nos tempos da guerra da Independencia, os seus inimigos políticos e económicos conseguiron o seu linchamento en Dompiñor, Ribadeo, o 2 de febreiro do ano 1809, día no que tamén a turba entrou na súa casa en Ribadeo e saqueouna.
As súas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo poxadas no 1878.
O título de Marqués foille outorgado tras a súa morte, seguindo na familia ata a actualidade.
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- O asasinato do creador de Sargadelos, un artigo de Isaac Díaz Pardo.
- A imposíbel revolución industrial, un artigo de Daniel Salgado.