Mark de Cornualles
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mark de Cornualles (Latín Marcus, córnico Margh, galés March, bretón Marc'h) foi un rei de Cornualles a comezos do século VI. É coñecido por aparecer nas lendas artúricas e a Materia de Bretaña como o tío de Tristán e marido de Isolda.
Índice |
A lenda [editar]
Mark mandou a Tristán como apoderado para recoller á súa prometida, a princesa Isolda de Irlanda. Tristán e Isolda namóranse por mor dunha apócema e teñen un romance ás costas do Rei Mark. Este sospeita da traizón e posteriormente coñecerá a verdade. Nalgunhas versións ordena que aforquen a Tristán, quen escapa da morte e rescata á súa namorada do seu confinamento, para ser descuberto posteriormente polo rei. Eventualmente o Rei Mark perdóaos, recuperando a Isolda e condenando ó exilio a Tristán. [1]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||||||||||||||