Mark Bernes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo de Rusia dedicado a Mark Bernes emitido en 1999

Mark Naumovich Bernes (en ruso Ма́рк Нау́мович Берне́с), nado en Nezhin o 8 de outubro de 1911 e falecido en Moscova o 16 de agosto de 1969, foi un cantante a actor soviético de orixe xudía[1], que interpretou algunhas das cancións máis populares da Unión Soviética como Tyomnaya noch (Тёмная ночь, Noite escura; 1943) e Zhuravli (Журавли, Os grous; 1969).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia mudouse a Kharkiv en 1916, alí comezou a actuar nun teatro local xa de moi novo, e en 1928 logo de realizar cursos de teatro marchou a Moscova, onde logrou pequenos papeis primeiro sen texto en varios teatros e a partir de 1932 cun contrato estable no Teatro Dramático, a partir de 1935 actou tamén en filmes e a fins desa década, Mark Bernes actuou en dous filmes Chelovek s ruzhyom (Home cun rifle; 1939) e Istrebiteli (Loitadores; 1939) nas que tamén cantaba cancións que se fixeron populares na URSS e el fíxose famoso, eran cancións cheas de esperanza e optimismo e algúns anos despois, durante a Segunda Guerra Mundial, cantáronas os soldados. Durante a guerra realizou espectáculos para as tropas, en 1943 actou no filme Dva boytsa (Dous soldados), na que cantaba dúas cancións que tamén se fixeron famosas en toda a URSS: Tyomnaya noch e Shalandy polnye kefali, a primeira converteuse na canción soviética por excelencia da Segunda Guerra Mundial. O 30 de decembro de 1943 realizou o seu primeiro concerto público ao que lle seguiu unha xira polos Urais ao ano seguinte. Nos anos da posguerra seguiu a cantar cancións sobre a guerra, coidando o seu repertorio realizando moitas colaboracións con poetas e compositores. Unha das cancións máis coñecidas, interpretada por vez primeira en 1960 aínda que escrita en 1945, foi Vragi sozhgli rodnuju hatu, acabou sendo prohibida polo seu ton pesimista e por antisoviética. Xa enfermo de cancro de pulmón no verán de 1969 gravou a súa derradeira canción Zhuravli, baseado nun poema de Rasul Gamzatov.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]