Mario López Rico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMario López Rico
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
Período2003 – 2011
Concelleiro de Rehabilitación Urbana do Goberno Municipal da Coruña
Período2007 – 2011
SucesorMartín Fernández Prado
Datos persoais
ResidenciaMonte Alto[1], A Coruña
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónProfesor, arquitecto e político
Partido políticoBNG (1982-2012)
Anova (2012-2014)
Cerna (desde 2014)
En Marea (desde 2016)
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata


Mario López Rico, nado en Ribadeo en 1949, é un arquitecto e político galego.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

É profesor de Debuxo no IES A Sardiñeira[2]. Antes de se dedicar á política traballou como arquitecto, profesor de debuxo e formou parte do consello de administración da Televisión de Galicia[3].

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Procedente do PSG, foi un dos dirixentes da Asemblea Popular Galega e un dos fundadores do BNG en 1982, formando parte do Colectivo Socialista.

Formou parte da oposición máis dura ao goberno de Francisco Vázquez, sendo sonada a retirada -xunto co seu compañeiro e líder do partido a nivel local Henrique Tello- dos arbustos que conformaban o "L" de "La Coruña" dun dos xardíns da Avenida da Vedra.[4]

Pertenceu ao colectivo Encontro Irmandiño e foi concelleiro de Rehabilitación Urbana na Coruña entre 2007 e 2011 tralo pacto de goberno municipal do PSdeG-PSOE co BNG. Crítico coa posición da UPG dentro do Bloque non se presentaría como candidato ás seguintes eleccións municipais ao perder o liderado local Henrique Tello fronte a Xose Carril.

En 2012 integrouse en Anova-Irmandade Nacionalista e pertenceu á súa executiva como responsable de comunicación. En febreiro de 2014 dimitiu da executiva de Anova con outros nove membros da dirección,[5] tras a escisión de Cerna.[6]

En abril de 2017 entrou na dirección acabada de nacer de En Marea.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rubén García (2008-08-18). "Mario López Rico: "O PSOE non se atreve a criticar ao BNG porque sería facerlle o xogo ao PP"". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-06-04. 
  2. "Orde do DOG nº 233 do 01/12/1998 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2017-06-04. 
  3. "Especial Elecciones Generales 2008. Entrevistas". www.elmundo.es. Consultado o 2017-06-04. 
  4. Xosé Manuel Pereiro (1995-08-21). "La ele de la discordia". El País (en castelán). Consultado o 2017-06-04. 
  5. La Opinión de A Coruña. "El exconcejal coruñés Mario López Rico dimite de Anova". Consultado o 2017-06-04. 
  6. Galicia Hoxe. "López Rico e outras dez persoas materializan o abandono de Anova tras a escisión de Cerna". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2017-06-04. 
  7. "Villares tamén será voceiro da coordinadora de En Marea". Praza Pública. Consultado o 2017-06-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]