Mario Granell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mario Fernández Granell»)
Infotaula de personaMario Granell
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1991 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEugenio Granell Editar o valor em Wikidata

Mario Fernández Granell, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991, foi un pintor e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa infancia transcorreu xunto co seu irmán Eugenio Granell entre A Coruña e Compostela, onde tiveron lugar os primeiros contactos coa pintura, no estudio de Camilo Díaz Baliño. Con catorce anos expuxo en Santiago e Pontevedra, con eloxio do escritor Francisco Fernández del Riego.[1] En 1930 chegou a Madrid e entrou en contacto con personaxes da Xeración do 27, chegando a expoñer con Rafael Alberti.

A súa biografía está marcada pola guerra civil española. Afiliado ao Partido Obrero de Unificación Marxista, foi detido na Coruña mentres intentaba fuxir de España nunha pequena embarcación, apresado, e condenado a morte. Esta condena mudou a cadea perpetua.[2]Saíu do penal da Coruña en 1942.[3][4] Traballou e viviu en Vigo unha bohemia relativamente dura, con Laxeiro e outros artistas, subsistindo grazas a traballos esporádicos, sobre todo de pintura mural, deseños publicitarios, xéneros que desde o primeiro momento coñecera a través do profesor Baliño. Destaca tamén a súa produción como deseñador escenógrafo no Teatro Cine Fraga de Vigo e algún traballo en cerámica e esmalte. Ademais de poeta[5], xénero ao que chega a través de Celso Emilio Ferreiro, que coñeceu en Caracas. A súa creatividade excelsa e dispersa conectouno con gran parte da intelectualidade galega do século XX.

En 1957 emigrou a Venezuela, e alí traballa intensamente, aínda que a súa obra viaxa a España con frecuencia, para ser exposta en Madrid e en toda Galicia, e tamén en Bogotá e Bos Aires. A mediados da década de 1980 regresou a España e fixa a súa residencia en Vigo, onde traballou, expuxo e viviu os últimos anos da súa vida. O Concello de Vigo tomou o acordo de rotular unha rúa co nome do artista herculino que foi vigués na última etapa da súa vida.

A obra[editar | editar a fonte]

A pintura de Mario Granell está vinculada ao surrealismo, aínda que moi decantado. Sobre un debuxo preciso, siluetea figuras idealizadas, que habitan en mundos inventados, en vermellos, negros, azuis, verdes. O seu período de madurez artística corresponde coa súa estancia na emigración venezolana (1957/ 1981).[6] En total liberdade física e de espírito, xorde o gran Granell, apoiado por un importante prestixio social, pinta as súas mellores obras, "Monxas e claustros" ou "As fiadeiras" son algúns exemplos caracterizados por figuras estilizadas, anónimas, sen rostros e integradas nunha intensa composición, sen elementos superfluos. Publicou libros de estampas, entre eles Homenaxe ao pobo español. Estampas amargas-vivencias dunha guerra civil, en 1978.[7] A obra de Mario Granell figura en museos de Galicia e de Hispanoamérica, así como en coleccións particulares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galería Montenegro
  2. "Mario Fernández Granell - Nomes e Voces". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 26 de maio de 2019. 
  3. memoriadocarcerecoruna (24 de novembro de 2017). "As catro vidas de Mario Granell". Memoria do cárcere A Coruña. Consultado o 26 de maio de 2019. 
  4. Acuña, Xosé Enrique (9 de outubro de 2014). "Mario Granell, estampa de centenario". BiosBardia. Consultado o 26 de maio de 2019. 
  5. "El Espacio de Arte muestra la fusión de "Liña e Palabra" de Mario Granell" Arquivado 02 de xullo de 2018 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 19 de xullo de 2006.
  6. Un nuevo renacer del menor de los Granell en la Pinacoteca. Atlántico 20 de octubre de 2014
  7. Afundación

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Francisco Pablos: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Granell, M.: Estampas amargas. Caracas, 1978.
  • Mª Luisa Sobrino Manzanares: Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña. A Coruña, Deputación, 1991.
  • I Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1989. Castro, Xosé Antón Castro. Colección Arte Galega. A Coruña, Xunta de Galicia, 1989.
  • Ángel Ilarri Gimeno: Catálogo del Pazo Museo Quiñones de León. Vigo, Ayuntamiento, 1978.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]