Mario Cabanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Cabanas
KFC Culleredo  – No. 10
Información persoal
Nacemento 9 de maio de 1985 (38 anos)
Galicia A Coruña
Nacionalidade Galicia Galicia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Canteira C.B. Calasanz A Coruña
Carreira desde 2003
Historial de equipos
DKV Casablanca Zaragoza (2003−2004) EBA
CB Granada (2004−2006) EBA
CB Canarias (2006−2008) LEB
CB L'Hospitalet (2008−2009) LEB
Cajasol Sevilla (2009−2011) ACB
Obradoiro (2011−2012) ACB
Planasa Navarra (2012−2013) LEB
Básquet Coruña (2013−2014) LEB
Palma Air Europa (2014−2015) LEB
Oviedo (2015−2016) LEB
Marín Peixegalego (2016−2017) LEB
San Pablo Burgos (2017) LEB
Cafés Candelas Breogán (2017) LEB
KFC Culleredo (2017−) LEB

Mario Cabanas Fidalgo, nado o 9 de maio de 1985 na Coruña, é un xogador profesional de baloncesto galego. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Culleredo da Liga LEB, onde ocupa a posición de pivote cunha altura de 2,08 metros.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na Coruña, Cabanas formouse nas categorías inferiores do Club Baloncesto Calasanz, pasando a formar parte na tempada 2003−04 do DKV Casablanca Zaragoza da Liga EBA. Tras unha tempada no equipo aragonés, o pivote galego pasou a formar parte do equipo de EBA do CB Granada, para pasar na tempada seguinte ao equipo júnior do club granadino.

Na tempada 2006−07 asinou co Ciudad de La Laguna Canarias, club co cal conseguiu o ascenso á Liga LEB Ouro ese mesmo ano, permanecendo alí aínda outra temporada máis. Posteriormente defendeu durante un ano a camiseta do CB L'Hospitalet, asinando posteriormente polo Cajasol Sevilla de ACB.[2] No equipo andaluz xogou dúas temporadas, cun total de corenta partidos, onde fixo unha media de 1,3 puntos e 0,43 rebotes por partido. Ano ano seguinte asinou co Obradoiro, onde xogou catorce partidos para unha media de 1,4 puntos e 1 rebote por encontro.

Posteriormente converteuse nun habitual da Liga LEB, onde xogou en Planasa Navarra, Básquet Coruña, Palma Air Europa, Oviedo, Marín Peixegalego, San Pablo Inmobiliaria Burgos, Cafés Candelas Breogán e CB Culleredo.[3]

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mario Cabanas e Bropleh incorpóranse ao Breogán". La Voz de Galicia. 21 de febreiro de 2017. 
  2. "El Cajasol incorpora al joven pívot gallego Mario Cabanas". ACB.com. 4 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2011. Consultado o 24 de outubro de 2011. 
  3. "Mario Cabanas, nuevo jugador del Culle de Liga EBA" (en castelán). 9 de agosto de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]