Marie Henri d'Arbois de Jubainville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marie Henri d'Arbois de Jubainville, nado en Nancy en 1827 e finado en 1910, foi un historiador e filólogo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1851 deixou a École des Chartes co título de arquivista paleográfico. Destinado aos arquivos de Aube, onde traballou ata a súa xubilación en 1880.

Publicou gran número de inventarios, Répertoire archéologique du département (1861), Histoire des ducs et comtes de Champagne depuis le VIe siècle jusqu'à la fin du XIe (1859-1869) (8 volumes), e en 1880 Les Intendants de Champagne. Atraído pola filoloxía publica Étude sur la déclinaison des noms propres dans la langue franque à l'époque mérovingienne. En 1877 publicou Les Premiers habitants de l'Europe

Atraído polos galos, comezou a estudar as linguas, literatura e leis celtas, dos que se converteu nunha autoridade. En 1882 foi nomeado profesor da recentemente creada Cátedra de linguas célticas do Collège de France. Introduction à l'étude de la littérature celtique (1883), L'Épopée celtique en Irlande (1892), Études de droit celtique (1895), Les Principaux auteurs de l'Antiquité à consulter sur l'histoire des Celtes (1902) son as súas obras principais sobre temas célticos, el foi o primeiro en Francia en estudar a antiga literatura irlandesa de forma profesional.