Mariano Gamir Ulibarri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariano Gamir Ulibarri
Nacemento1877
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento28 de xullo de 1962
Lugar de falecementoValparaíso de Abajo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
PaiJosé Gámir y Maladén
NaiEmilia Ulibarri Bote
IrmánsEmilio Gámir y Ulibarri
Na rede
WikiTree: Gámir_y_Ulibarri-2
editar datos en Wikidata ]

Mariano Gamir Ulibarri, nado en Madrid en 1877 e finado en Valparaíso de Abajo (Cuenca) en 1962, foi un militar español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na Escola Militar de Toledo, da que logo foi director, era xeneral no tempo da sublevación militar que o 17 de xullo de 1936 deu orixe á guerra civil española, participando como xefe da brigada de infantaría da III División orgánica na detención e esmagamento da sublevación en Valencia onde estaba destinado, no bando republicano.

Despois dirixiu operacións na zona do río Alfambra durante a Batalla de Teruel. Destinado na fronte, tivo que retirarse en Bilbao e estivo ao mando do Exército do Norte na batalla de Santander do 14 de agosto ao 1 de setembro de 1937[1]. Cesado 'de facto' para dirixir novas operacións militares, enviouselle á inspección de Ensinanza Militar e a Cataluña como parte do grupo de militares españois que organizou a saída das Brigadas Internacionais en 1938. No final da guerra fuxiu a Francia onde residiu ata 1955, ano en que regresou a España por non ter xa condenas pendentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O titular antes da batalla do mando do Exército do Norte era o xeneral Francisco Llano de la Encomienda