Mariama Bâ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mariama Bâ, nado en Dacar en 1929 e finada en 1981, foi unha escritora senegalesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia musulmana tradicional de clase alta, orfa de nai dende moi nova foi criada polos seus avós maternos, estuda na Escola Normal de Rufisque (1943-1947) e exerceu a docencia como mestra de escola durante anos. Casou co deputado Obèye Diop, con quen tivo nove fillos, tras divorciarse forma parte de varias asociacións de mulleres, coas que loita para mellorar a situación e os dereitos das mulleres. En 1979 publicou Une si longue lettre, unha novela epistolar que reflicte a súa propia experiencia matrimonial e como nai. Pouco despois de morrer de cáncer sae a súa segunda novela Un chant écarlate (1981).