María Leopoldina de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Leopoldina de Austria
Arquiduquesa de Austria
Princesa do Sacro Imperio Romano Xermánico
Emperatriz consorte de Brasil
Raíña consorte de Portugal
29- Imperatriz rainha D. Leopoldina.jpg
María Leopoldina de Habsburgo-Lorena

7 de setembro de 1822 - 11 de decembro de 1826
Predecesor Carlota Xoaquina de Borbón (honorífica)
Sucesor Amelia de Beauharnais

10 de marzo de 1826 - 28 de maio de 1826
Predecesor Carlota Xoaquina de Borbón
Sucesor Fernando II de Portugal
Nome completo Carolina Xosefa Leopoldina Francisca Fernanda de Habsburgo-Lorena
Nacemento 22 de xaneiro de 1797
Palacio de Schönbrunn, Viena, Flag of the Habsburg Monarchy.svg Austria
Falecemento 11 de decembro de 1826
Palacio de São Cristovão, Rio de Janeiro, Flag of Empire of Brazil (1822-1870).svg Brasil
Consorte Pedro I de Brasil e IV de Portugal
Descendencia Maria da Gloria
Miguel
Xoán Carlos, Príncipe da Beira
Xanuaria María
Paula Mariana
Francisca Carolina
Pedro de Alcántara
Casa Real Casa de Habsburgo
Dinastía Habsburgo-Lorena
Pai Francisco I de Austria e II do Sacro Imperio Romano Xermánico
Nai María Teresa das Dúas Sicilias

María Leopoldina de Habsburgo-Lorena ou de Austria (en portugués Carolina Josefa Leopoldina Fancisca Fernanda de Habsburgo-Lorena, en alemán Caroline Josepha Leopoldine Franziska Ferdinanda von Habsburg-Lothringen),[1] [2] [3] [4] nada en Viena o 22 de xaneiro de 1797 e finada o 11 de decembro de 1826 en Rio de Janeiro, foi filla de Francisco I de Austria, emperador do Sacro Imperio Xermánico e despois de Austria, e da súa esposa María Teresa de Borbón-Dúas Sicilias.

Casou en 1817 con Pedro de Alcántara, futuro rei de Portugal (Pedro IV) e emperador do Brasil (Pedro I).

Foi arquiduquesa de Austra, primeira emperatriz consorte de Brasil (1822-1826), rexente de Brasil en setembro de 1821, raíña rexente de Portugal (10 de marzo de 1826 - 28 de maio de 1826) e, durante oito días, en 1826, raíña rexente de Portugal.

Sinatura de María Leopoldina.

No Brasil pasou a asinar como María Leopoldina e Leopoldina.

Era moi querida polos brasileiros, que dolorosamente choraron a súa morte.
O seu apoio á causa da independencia do Brasil valeulle o sobrenome da Paladina da Independencia.

Orixes[editar | editar a fonte]

Leopoldina pertencía á Casa de Habsburgo, nobre familia e unha das máis antigas dinastías de Europa, que gobernou Austria desde 1282 até 1918.

Era filla do último emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Francisco II (1768-1835) que, desde 1804, se converteu en emperador de Austria (co nome de Francisco I), porque Napoleón lle exixiu a renuncia ao Sacro Imperio no ano en que foi coroado emperador dos franceses, e da súa segunda esposa e prima María Teresa das Dúas Sicilias, princesa do Reino das Dúas Sicilias, da Casa de Borbón, filla do rei Fernando I e da súa esposa María Teresa das Dúas Sicilias.

Francisco, seu pai, era viúvo de Isabel Luisa Guillermina de Württemberg, que morreu sen fillos en 1790, e casou por terceira vez con María Luísa de Austria-Este, quen foi como unha nai para Leopoldina. María Luísa non tivo fillos e morreu en 1816.
O emperador contraeu matriomonio por cuarta vez con Carolina Augusta de Baviera, que morreu sen fillos en 1873.

Foi irmá do emperador Fernando I, do arquiduque Francisco Carlos de Austria e da emperatriz de Francia María Luisa e, polo tanto, tía dos emperadores Francisco Xosé I de Austria e Maximiliano I de México, e tía avoa de Carlos I de Austria.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Casou con Pedro de Alcántara de Braganza e Borbón, daquela príncipe da Beira, herdeiro do trono do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. A cerimonia do matrimonio, por poderes, foi oficiada polo arcebispo de Viena o 13 de maio de 1817, na igrexa de Santo Agostiño de Viena.

Pedro estivo representado polo arquiduque Carlos Luis (1771-1847), irmán de Francisco I, gran líder militar, heroe da batalla de Aspern-Essling. A parella recibiu a bendición nupcial o 6 de novembro de 1817, na Capela Real de Rio de Janeiro.

A pesar do grande amor que Leopoldina profesaba ao seu marido, o seu matrimonio non foi feliz. Pedro tivo fillos ilexítimos coas súas varias amantes, como a señora Domitila de Castro Canto e Melo, marquesa de Santos.

Princesa rexente e emperatriz[editar | editar a fonte]

En 1820, unha revolución ocorrida no Porto exixiu a volta da familia real portuguesa á metrópole. O 25 de abril de 1821 unha flota de 11 barcos levaron de volta a Portugal ao rei Xoán VI, á súa esposa Carlota Xoaquina e ao resto da familia real, acompaños polos persoeiros da Corte, quedando en Brasil o seu fillo e herdeiro Pedro de Braganza e Borbón como príncipe rexente do reino do Brasil (que era unha parte do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve, coa axuda dun Consello de Rexencia.

A partir dese momento, as diferenzas entre os súbditos portugueses e brasileiros fixéronse evidentes, con manifestacións públicas que a miúdo terminaban en pelexas nas rúas. Na súa correspondencia Leopoldina revelaba a súa simpatía pola causa da independencia,[5] [6] pero Pedro dubidaba do éxito que puidera ter adoptar unha decisión en contra do seu pai e en oposición á metrópole.

En Portugal gañou impulso entre os círculos políticos a posibilidade de retirar a condición de "reino" ao Brasil, reducíndoo á antiga situación de simple colonia gobernada directamente desde Lisboa. Ante tal proxecto, as presións das Cortes Portuguesas para forzar o regreso do príncipe herdeiro á metrópole intensificáronse. Por outro lado, en Rio de Janeiro, empezou a circular unha lista con miles de sinaturas pedindo a retención de Pedro no país cun ultimato: volver a Portugal impediría a independencia inmediata de Brasil. O príncipe Pedro, que se criara desde a súa nenez no Brasil, sentía escasa estima por Portugal e coidaba que a separación de ambos os territorios era inevitábel, idea que compartía co político brasileiro José Bonifácio, un dos seus principais partidarios.

Finalmente, en decembro de 1821 presentouse ao príncipe Pedro unha solicitude formal das Cortes Portuguesas requiríndolle que partira cara á metrópole no máis breve prazo. Enfrontado á decisión, o príncipe manifestou ao pobo brasileiro: «Como é para o ben de todos e a felicidade da nación, estou listo para dicirlle á xente que me quedo». Isto sucedía o 9 de xaneiro de 1822, data recordada asté hoxe como "O día do fico".

Leopoldina, Princesa Rexente do Reino do Brasil, preside a reunión do Consello de Ministros o 2 de setembro de 1822.

Pedro entregou o poder a Leopoldina o 13 de agosto de 1822, nomeándoa xefa do Consello Provisional do Estado e princesa rexente de Brasil, con capacidade xurídica necesaria para gobernar o país durante a súa ausencia, e trasladouse a apaciguar a provincia de São Paulo, axitada polo movemento de independencia.

A princesa Leopoldina recibiu a noticia de que Portugal estaba preparando unha serie de sancións económicas e militares contra Brasil. Había que tomar medidas drásticas con urxencia, e a princesa rexente sabía que non había tempo para esperar o regreso do príncipe Pedro. Leopoldina, asesorada por José Bonifácio e usando as súas atribucións como xefa do goberno interino, reuniuse co Consello de Estado na mañá do 2 de setembro de 1822 para asinar o decreto da Independencia, onde se declaraba ao Brasil "territorio separado" de Portugal.

Descendencia[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Pedro de Alcántara
Príncipe Real do Reino do Brasil
Flag of Empire of Brazil (1822-1870).svg
Rexente de Brasil

setembro de 1821
Sucesor:
Trina rexencia provisional:

Marqués de Caravelas
Senador Vergueiro
Barón de Barra Grande

Predecesor:
Carlota Xoaquina de Borbón
(título honorífico)
COA Imperial Prince of Brazil (alternative).svg

Emperatriz consorte de Brasil
1822-1826

Sucesor:
Amelia de Beauharnais
Predecesor:
Carlota Xoaquina de Borbón
Coat of arms of the Kingdom of Portugal (Enciclopedie Diderot).svg
Raíña consorte de Portugal

1826
Sucesor:
Fernando II
Segundo esposo de María II

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Casamento de d. Pedro"' in Arquivo Nacional e a História Luso-Brasileira.
  2. Castro, Manuel António de (1819): D. Carolina Josefa Leopoldina, Princeza Real do Reino Unido de Portugal, Brazil, e Algarves.
  3. Carolina Josefa Leopoldina, imperatriz Leopoldina
  4. Primeira imperatriz do Brasil - Maria Leopoldina
  5. Kann, Betina & Patricia Souza Lima (2006): Cartas de uma imperatriz. São Paulo: Editora Estação Liberdade.
  6. Lacombe, Américo Jacobina, tradutor (1997): Correspondência entre Maria Grahan e a Imperatriz Dona Leopoldina. Belo Horizonte: Editora Itatiaia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: María Leopoldina de Austria

Bibliogrfía[editar | editar a fonte]

  • Kaizee, Glória (1997): Dona Leopoldina. Uma Habsburg no trono brasileiro. Rio de Janeiro: Editora Nova Fronteira.
  • Kann, Betina & Patricia Souza Lima (2006): Cartas de uma imperatriz. São Paulo: Editora Estação Liberdade.
  • Lacombe, Américo Jacobina, tradutor (1997): Correspondência entre Maria Grahan e a Imperatriz Dona Leopoldina. Belo Horizonte: Editora Itatiaia.
  • Oberaker Jr, Carlos (1973): A Imperatriz Leopoldina. Sua Vida e Sua Época. Rio de Janeiro: Imprensa Nacional.
  • Prantner, Johanna (1998): Imperatriz Leopoldina do Brasil Ptrópolis: Editora Vozes.
  • Ramirez, Ezekiel Stanley (1968): As relações entre a Áustria e o Brasil - 1815-1889, Coleção Brasiliana, Volume 337, Companhia Editora Nacional, São Paulo. (Tradução e notas por Américo Jacobina Lacombe).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]