Mariño de Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A familia Mariño de Lobeira é unha liña orixinal da Illa de Sálvora, na ría de Arousa. A súa orixe e liñaxe reside nos séculos XI e XII como rama colateral da Casa de Traba.

Orixe lendaria[editar | editar a fonte]

O apelido orixinal é Mariño, procedente da illa de Sálvora.[Cómpre referencia] Foi orixinado por Xoán Froila, descendente de Pedro Froila de Trava. Segundo a lenda era Conde-Duque de Valadares, e logo de naufragar na illa de Sálvora foi rescatado pola serea Dona Mariña.

Os dous casaron e concibiron un fillo chamado Xoán Froilaz Mariño (1200 - c. 1250), personaxe que se atopa rexistrado na historia de Galicia e que testou en Pontevedra. Foron unha familia poderosa, construtora do castelo de Vimianzo e do Castelo de Serra de Outes, así como doutras fortalezas e pazos.[Cómpre referencia]

A súa ascendencia rexístrase como romano-visigótica, xa que descendían do rei visigodo Vitiza (rei entre 694 e 710) e de Cixillo Balthes.[Cómpre referencia]

As liñaxes creadas por esta familia estendéronse ata América e Filipinas.

Personaxes Mariño (de Lobeira)[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]