Marià Vayreda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarià Vayreda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Marian Vayreda Editar o valor em Wikidata
14 de outubro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Olot, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1903 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , pintor , militar Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEstanislao Vayreda y Vila e Joaquín Vayreda y Vila (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMarià Oliveras i Vayreda (en) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
La punyalada, obra de Marià Vayreda, en formato DjVu.

Marià Vayreda i Vila, nado en Olot en 1853 e finado en 1903, foi un escritor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia da nobreza rural, ideoloxicamente carlista, irmán de Joaquim Vayreda, pintor e Estanislau Vayreda, botánico. Tras a morte do seu pai en 1872 formou parte do estado maior de Francesc Savalls durante a Terceira Guerra Carlista.

En 1874 tras a guerra instálase co seu irmán Joaquim e o pintor Josep Berga en Seta (Rosellón), e alí comeza a pintar, marcha a París para estudar con Jean-Léon Gérôme, regresou a Barcelona en 1877 e matriculouse na Escola de Belas Artes. En 1878 instálase en Olot e dedícase a pintar paisaxes e escenas costumistas e históricas.

En Olot fundou a revista literaria El Olotense, que en 1890 catalanizou o seu nome, converténdose en L'Olotí e Marià integrouse no catalanismo conservador local aínda que ata 1896 mantivo a militancia carlista. En 1891 publica en La Veu de Catalunya o seu primeiro conto, El roure dels penjats.

En 1898 publicou Records de la darrera carlinada, baseada nos recordos autobiográficos durante a súa participación na terceira guerra carlista, mesturado cunha fina ironía, En 1900 sae do prelo a novela Sang nova (1900), novela de tese centrada no catalanismo conservador. La punyalada (1904) a súa mellor obra, publicouse postumamente.