Margarita de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margarita de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias
Infanta de España, Duquesa de Soria e Duquesa de Hernani.
Her Royal Highness the Duchess of Soria cropped.jpg
Os Duques de Soria e Hernani
Nome completo Margarita María de la Victoria Esperanza Jacoba Felicidad Perpetua de Todos los Santos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias
Nacemento 6 de marzo de 1939
Roma, Italia Italia
Consorte Carlos Emilio Zurita y Delgado
Descendencia
  • Alfonso Zurita y Borbón
  • María Zurita y Borbón
Casa Real Casa de Borbón
Pai Xoán de Borbón
Nai María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias

Margarita de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, cuxo nome completo é Margarita María de la Victoria Esperanza Jacoba Felicidad Perpetua de Todos los Santos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias nada en Roma o 6 de marzo de 1939, é unha nobre española, nomeada Infanta de España polo Real Decreto 1368/1987, de 6 de novembro.[1] Filla de Xoán de Borbón, conde de Barcelona e de María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, é irmá do actual rei de España, Xoán Carlos I e da infanta Pilar. Ten o tratamento de Alteza Real, e é ademais, Duquesa de Soria e de Duquesa de Hernani. A infanta Margarita é invidente desde o seu nacemento.

Dereitos de sucesión[editar | editar a fonte]

Renunciou aos seus dereitos de sucesión ao trono español ao contraer matrimonio cunha persoa allea a algunha familia real como estipulaba a Pragmática Sanción do rei Carlos III sobre matrimonios dos membros da familia real. Esta renuncia, producida con anterioridade á aprobación da Constitución e á reinstauración da monarquía, non foi ratificada polas Cortes Xerais. Aínda que a norma de Carlos III quedou abolida de facto coa proclamación da II República, a maioría de expertos na materia consideran que tanto Margarita como a súa irmá e todos os seus descendentes quedaron excluídos da liña sucesoria pero esta situación non foi confirmada oficialmente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Contraeu matrimonio na igrexa de San Antonio de Estoril, Portugal, o 12 de outubro de 1972 co médico Carlos Emilio Zurita y Delgado. O matrimonio tivo dous fillos:

O 6 de xaneiro de 1979, Margarita herdou o título de duquesa de Hernani ao falecer un tío afastado seu, Manfredo de Borbón, primeiro duque de Hernani. O seu irmán concedeulle o título vitalicio de duquesa de Soria o 23 de xuño de 1981.

En 1989 creou xunto ao seu esposo a Fundación Cultural Duques de Soria con sede no antigo convento da Mercé de Soria. Margarita tamén é presidenta honoraria da delegación en España de UNICEF, da Fundación Española do Corazón e da Federación Española de Hemofilia.

Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

  • Dama Gran Cruz da Real e Distinguida Orde de Carlos III.
  • Dama da Real Orde de Damas Nobres da Raíña María Luísa.

Ascendencia[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Francisco de Asís de Borbón, rei consorte de España
 
 
 
 
 
 
 
8. Afonso XII, rei de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Sabela II, raíña de España
 
 
 
 
 
 
 
4. Afonso XIII, rei de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Archiduque Carlos Fernando de Austria
 
 
 
 
 
 
 
9. Archiduquesa María Cristina de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Archiduquesa Isabel Francisca de Austria
 
 
 
 
 
 
 
2. Xoán de Borbón, conde de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Príncipe Alexandre de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
10. Príncipe Henrique de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Condesa Xulia von Hauke, princesa de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
5. Princesa Vitoria Euxenia de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Alberte de Saxonia Coburgo, príncipe consorte do Reino Unido
 
 
 
 
 
 
 
11. Princesa Beatriz do Reino Unido
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Vitoria I, raíña do Reino Unido e de Irlanda e emperatriz da India
 
 
 
 
 
 
 
1. Margarita de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Fernando II, rei das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
12. Príncipe Afonso, conde de Caserta
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Archiduquesa María Teresa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
6. Príncipe Carlos de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Príncipe Francisco, conde de Trapani
 
 
 
 
 
 
 
13. Princesa Antonieta das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Princesa Isabel de Toscana
 
 
 
 
 
 
 
3. Princesa María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Fernando Filipe, duque de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
14. Filipe, conde de París
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Princesa Elena de Mecklemburgo-Schwerin
 
 
 
 
 
 
 
7. Princesa Luisa de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Príncipe Antonio, duque de Montpensier
 
 
 
 
 
 
 
15. Princesa María Isabel de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Infanta Luisa Fernanda de España
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]