Margarida Xirgu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Margarita Xirgu")
Margarita Xirgu
MARGARITA XIRGU.JPG
Margarita Xirgu, en Marianela, 1919
Nacemento Margarita Xirgu i Subira
18 de xuño de 1888
Molins de Rei, Barcelona Cataluña Cataluña
Falecemento 25 de abril de 1969
Montevideo Flag of Uruguay.svg Uruguai
Profesión actriz
Cónxuxe(s) Josep Arnall (1910-1936)
Miquel Ortín (1941-1969)
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Margarita Xirgu ou Margarida Xirgú, nada en Molins de Rei (Barcelona) o 18 de xuño de 1888 e finada en Montevideo (Uruguai) o 25 de abril de 1969, foi unha actriz catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou o seu labor como actriz en grupos de afeccionados desde que era nena e debutou profesionalmente coa Compañía de Josep Santpere. En 1910 forma a súa propia compañía, e estrena, entre outras, as obras Andrónica e La reina nueva no Teatro Romea de Barcelona, que lle outorga un gran prestixio na escena catalá.

En 1914 deu o salto a Madrid, onde traballou no Teatro Español, interpretando obras de Valle-Inclán, George Bernard Shaw, Gabriele d'Annunzio, Alejandro Casarón e Federico García Lorca, do que foi asidua colaboradora, pois o poeta de Fuente Vaqueros estreou case todas as súas obras importantes con ela: Mariana Pineda, con decorados de Salvador Dalí (1927); La zapatera prodigiosa (1930), Yerma (1934), Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores (1935) e a reestrea de Bodas de sangue (1935), con escenografía de Caballero. En 1933 estrenou en Madrid Divinas palabras, de Valle-Inclán.

Pouco antes do inicio da Guerra Civil Española emprendeu unha xira por Sudamérica con obras de Lorca; desde 1939 estivo no exilio vivindo tanto en Chile como en Uruguai e na Arxentina. En 1945 estreou en Bos Aires o último drama de Lorca, La casa de Bernarda Alba. En Montevideo representou obras de autores españois e obtivo o cargo de directora da Escola Dramática Municipal en 1949. Xunto a ela formáronse actores da talla de Amelia de la Torre, Cándida Losada, Enrique Diosdado, Sancho Gracia e Alberto Closas.

Entre 1909 e 1916 interveu nalgunhas películas, e tras esa experiencia non volveu pórse ante unha cámara máis que nunha ocasión, en 1938 co filme Bodas de sangue.

Obtivo a nacionalidade uruguaia [1], comprou unha casa no balneario de Punta Balea - no departamento de Maldonado - e permaneceu en Uruguai durante os seus últimos vinte anos de vida. En 1988, dezanove anos logo da súa morte, a Generalitat de Cataluña reclama a repatriación dos seus restos mortais, que actualmente descansan no seu lugar de nacemento.

Obras representadas (selección)[editar | editar a fonte]

Obra Ano Autor Teatro
“Mar i Cel” 1906 Àngel Guimerà Teatre Romea
“Joventut príncep” 1908 Wilhelm Meyer Forster Teatre Principal de Barcelona
"Miqueta i sa mare" 1909 Robert de Flers i Caillavet
Terra baixa 1909 Àngel Guimerà Barcelona
"Salomé" 1910 Oscar Wilde Teatre Principal de Barcelona.
“La reina jove” 1911 Àngel Guimerà.
"Frou frou" 1912 Henri Meilhac Ludovic Halévy Teatre Principal de Barcelona
"Magda", 1913 Sudermann Teatro Odeón Buenos Aires
"Patio azul" 1914 Santiago Rusiñol Teatro de la Princesa de Madrid
"Elektra" 1914 Hofmannsthal
"El yermo de las almas" 1915 Valle-Inclán Teatre Principal de Barcelona.
"Terra baixa" 1915 Àngel Guimerà
"Marianela" 1916 Benito Pérez Galdós Teatro de la Princesa de Madrid.
“La dicha ajena” 1916 Hermanos Álvarez Quintero
"El mal que nos hacen" 1917 Jacinto Benavente Madrid.
“Así se escribe la historia” 1918 Hermanos Álvarez Quintero
"Santa Juana de Castilla" 1918 Benito Pérez Galdós
“Pipiola” 1918 Hermanos Álvarez Quintero Teatro Novedades de Barcelona
"El dragón de fuego" 1918 Jacinto Benavente
"La inmaculada de los dolores " 1918 Jacinto Benavente
"Rosas de otoño" 1918 Jacinto Benavente Teatro Novedades de Barcelona
"Tierra baja" 1919 Àngel Guimerà Teatro Centro de Madrid
"Una señora" 1920 Jacinto Benavente Teatro Centro de Madrid.
La niña de Gómez Arias" 1922 Calderón de la Barca Teatro Español de Madrid.
"Los ojos de los muertos" 1922 Jacinto Benavente
"La noche del sábado" 1922 Jacinto Benavente
"La comida de las fieras" 1922 Jacinto Benavente
“La calumniada” 1922 Hermanos Álvarez Quintero
“Ramo de locura” 1922 Hermanos Álvarez Quintero
“Nena Teruel” 1922 Hermanos Álvarez Quintero
" La calumniada" 1923 Hermanos Álvarez Quintero Teatro Español de Madrid
“Cristalina” 1924 Hermanos Álvarez Quintero Teatro Principal de Alacant
“El otro peligro" 1924 Maurice Donnay
"Santa Juana" 1925 George Bernard Shaw Teatre Goya de Barcelona
Las flores 1926 Hermanos Álvarez Quintero
“Barro pecador" 1926 Hermanos Álvarez Quintero
"La mariposa que voló sobre el mar" 1926 Jacinto Benavente
"La princesa bebé" 1927 Jacinto Benavente
"La noche iluminada" 1927 Jacinto Benavente
Mariana Pineda 1927 Federico García Lorca, con decorados de Salvador Dalí Barcelona,
¡No quiero, no quiero! 1928 Jacinto Benavente
"Más fuerte que el amor" 1928 Jacinto Benavente
"Terra Baixa" 1928 Ángel Guimerà Barcelona
"Los fracasados" 1928 Lenormand Teatro Fontalba de Madrid.
"Entre fiestas" 1929 Carlos de Selvagen Teatro Cervantes de Sevilla.
"La zapatera prodigiosa" 1930 Federico García Lorca Teatro Español de Madrid.
" La prudencia en la mujer" 1930 Tirso de Molina Teatro Español de Madrid
"De muy buena familia" 1931 Jacinto Benavente
"La corona" 1931 Manuel Azaña Teatre Goya de Barcelona
"Fermín Galán" 1931 Rafael Alberti Teatro Español de Madrid.
"Medea" 1933 Séneca traducido por Miguel de Unamuno Teatro romano de Mérida.
"Divinas palabras" 1933 Valle-Inclán Teatro Español de Madrid.
"Maria Rosa" 1933 Àngel Guimerà Teatre Zorrilla de Badalona
"Ni el amor ni el mar" 1934 Jacinto Benavente
"La sirena varada" 1934 Alejandro Casona
"Yerma" 1934 Federico García Lorca Teatro Español de Madrid.
"Bodas de sangre" 1935 Federico García Lorca
"Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores" 1935 Federico García Lorca Teatre Principal Palace de Barcelona.
"Yerma" 1937 Federico García Lorca Teatro Odeón Buenos Aires
"Cantata en la tumba" 1937 Federico García Lorca Teatro Odeón Buenos Aires
"Como tu me quieres" 1937 Luigi Pirandello Teatro Odeón Buenos Aires
"Intermezzo" 1937 Giraudoux Teatro Odeón Buenos Aires
"Asmodeo" 1937 Mauriac Teatro Odeón Buenos Aires
"Hamlet" 1937 Shakespeare Teatro Odeón Buenos Aires
"Angélica" 1937 Leo Ferrero Teatro Odeón Buenos Aires
"Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores" 1937 Federico García Lorca Teatro Odeón Buenos Aires
"Magda" Herman Sudermann
"Fedora" Victorien Sardou
"La casa en orden" Arthur W. Piñero
"Cristalina" Hermanos Álvarez Quintero.
"El adefesio" 1944 Rafael Alberti Teatro Avenida Buenos Aires
"La dama del alba" 1944 Alejandro Casona Teatro Avenida de Buenos Aires.
"La malquerida" 1944 Jacinto Benavente
"La casa de Bernarda Alba" 1945 Federico García Lorca Teatro Avenida de Buenos Aires.
"El malentendido" 1949 Albert Camus Teatro Argentino de Buenos Aires.
"La loca de Chaillot" 1951 Jean Giraudoux Teatro Solís de Montevideo
"Macbeth" 1954 Shakespeare Teatro Solís de Montevideo
"La Celestina" 1956 Fernando Rojas Buenos Aires.
"Pedro de Urdemalas" 1966 Miguel de Cervantes Teatro Solís de Montevideo.
"Andrónica" Àngel Guimerà
"El genio alegre" Hermanos Álvarez Quintero
"Salomé" Oscar Wilde
"La dama de las camelias" Alexandre Dumas júnior
"Frou frou" Meilhac-Halévy
"Magda" Herman Sudermann
"Zazà" Pierre Berton y Charles Simon
"La virgen loca" Hosmé Israel
"Juventud de príncipe" Wilhelm Meyer Forster
"El rayo" Juan López Núñez
"Matrimonio interino" Paul Gavalt i Robert Charvay
"El amor vela" Gaston de Caillavet
"Primerose" Gaston de Caillavet
"El amigo Fritz" Erchman y Chatrian
"María del Carmen" José Feliu i Codina
"Theodora" Victorien Sardou
"La chocolaterita" Paul Gavaulti
"Lady Godiva" Manuel Linares Rivas

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Genoveva Dieterlich, Dicionario do teatro. Madrid: Alianza Editorial, 1995.