Margarita Ledo Andión
| Margarita Ledo Andión | |
|---|---|
| Margarita Ledo (2009) | |
| Nacemento: | (61 anos) Castro de Rei Lugo |
| Lingua: | galego |
| Xénero(s): | poesía, narrativa, ensaio |
Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela Filosofía e Letras, carreira que non rematou. Polas súas actividades nacionalistas estivo exiliada en Portugal (1974-1976), onde traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto. Titulouse en Xornalismo en Barcelona. Foi directora do semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega. Foi profesora da Universidade Autónoma de Barcelona (1983-1991) e profesora da Facultade de Ciencias da Información da USC desde 1991, onde exerce como catedrática de comunicación audiovisual. Tamén dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e pertence á Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e á Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM).
En 2004 dirixe a súa primeira longametraxe documental, Santa Liberdade (sobre o secuestro do buque Santa María polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, que rebautizaron como Santa Libertade), ao que seguen outros.
En marzo de 2008 é seleccionada para ser membro da Real Academia Galega, e en maio dese mesmo ano recibiu o Premio Nacional de Cine e audiovisual, correspondente ós Premios Nacionais da Cultura Galega.
Ingresou na RAG o 7 de febreiro do 2009.
[editar] Obra escrita en galego
[editar] Poesía
- Parolar cun eu, cun intre, con inseuto (1970, Xistral).
- O corvo érguese cedo (1973, Xistral).
- Linguas mortas: serial radiofónico (1989, Sotelo Blanco), con fotografías de Anna Turbau.
[editar] Narrativa
- Mama-fé (1983, Xerais), relatos.
- Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985, Xerais), novela.
- Porta blindada (1990, Xerais), novela.
- Historias como Barcelona (1992, Diario 16).
[editar] Literatura infanto-xuvenil
[editar] Ensaio
- Prensa e galeguismo (1982, Edicións do Castro).
- Foto-xoc e xornalismo de crise (1988, Edicións do Castro).
- O diario postelevisivo (1993, Lea).
- Documentalismo fotográfico contemporáneo (1995, Xerais).
- Informe sobre o audiovisual en Galicia, 1998 (2000, Consello da Cultura Galega).
- Comunicación local no espazo lusófono (2007).
- Do bucle e da fenda: para un ensaio crítico sobre a cultura galega (2009, Real Academia Galega).
[editar] En volumes colectivos
- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
- II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
- III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
- O quiquiriquí e outras narracións. Traballos premiados no 8º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1983, Edicións do Castro).
- IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
- V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
- VI Festival da Poesía no Condado (1986, S. C. D. Condado).
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
- VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
- "Vía Durruti, ano trinta e seis", en Caderno de viaxe (1989, Xerais).
- X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
- "Interior do mundo", en Sede Central. Relatos 2 (1990).
- "Renda do muro", en Contos eróticos / elas (1990, Xerais).
- XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
- XII Festival da Poesia no Condado (1992, S. C. D. Condado).
- XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
- XIV Festival da Poesia no Condado (1994, S. C. D. Condado).
- XV Festival da Poesia no Condado (1995, S. C. D. Condado).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
- Comunicación na periferia atlántica: extracto das actas do congreso celebrado en Santiago de Compostela en novembro 95 (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
- Construír a paz (1996, Xerais).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Alguén agarda que volva alí (1998).
- Skinwel hag etresevenaduriezh e Breizh, Galicia ha Bro-Gembre. Televisión e interculturalidade en Bretaña, Galicia e País de Gales. Teledu a rhyngddiwylliant yn Llydaw, Galicia a Chymru (1998, CRTVG).
- Comunicación audiovisual: investigación e formación universitarias : actas do II Coloquio Brasil-Estado español de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela, 23-25 de novembro de 1998) (1999, Universidade de Santiago de Compostela).
- Para umha Galiza independente (2000, Abrente Editora).
- Rituais (2000, Consello da Cultura Galega).
- Galicia, Finlandia: modos de pensar: a cultura, o mundo, a comunicación. Actas das xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000 en Santiago de Compostela (2002, Consello da Cultura Galega).
- XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer... (2003, S. C. D. Condado).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- Os "estados xerais" da cinematografía en Galiza. Catálogo de produccións 2001-2002 (2004, Universidade de Santiago de Compostela).
- O ensino no documental, o documental no ensino: encontro internacional de investigadores, 21, 22 e 23 de setembro 2005 (2006, Universidade de Santiago de Compostela).
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia).
- Comunicación local no espazo lusófono: relatorios do VII Congreso Internacional da comunicación lusófona, Lusocom 2006 (2007, Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación).
- "Sen título", en A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 (2009, Fundación Bautista Álvarez).
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).
- Galicia 1936-2011: estudos sobre o filme de Carlos Velo (2011, Universidade de Santiago de Compostela).
- Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
[editar] Premios
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1982, por Rematado a man.
[editar] Obra escrita en castelán
[editar] Ensaio
- Documentalismo fotográfico: éxodos e identidad (1998, Cátedra).
- Del Cine-Ojo a Dogma 95 : paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2004, Paidós).
- Cine de fotógrafos (2005, Gustavo Gili).
[editar] Filmografía
[editar] Como directora
- Santa Liberdade (2004).
- Hai que botalos (2005).
- Liste, pronunciado Líster (2007).
[editar] Como produtora
- CCCV (Cine Clube Carlos Varela) (2005).