Margarita (cóctel)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margarita en copa ideal.

A margarita é un cóctel de orixe mexicana que consiste en tequila mesturado con Cointreau (ou un licor similar con sabor de laranxa) e zume de lima ou limón, e que a miúdo se serve con sal no bordo da copa. É o cóctel máis común con base de tequila nos Estados Unidos. En contraste, o cóctel de tequila máis popular en México é a paloma. A margarita sérvese axitada con xeo, con xeo, mesturada con xeo (margaritas conxeladas) ou sen xeo.

Receita[editar | editar a fonte]

2/3 de tequila 1/3 cointreau ou grand marnier zume de medio limón

Preparar en cocteleira con xeo. Axitar ben, coar e servir en copa de cóctel escarchada con limón e sal.

Variacións[editar | editar a fonte]

Margaritas nunha variedade de sabores e cores.

A IBA (Lista Oficial de Cócteles da IBA) recomenda o estándar 7:4:3, é dicir, 50% tequila, 29% Cointreau, 21% de zume de limón fresco.[1]

Licores con sabor[editar | editar a fonte]

Poden ser utilizados outros licores con sabor a laranxa, como o Grand Marnier, triplo sec ou curaçao azul dando a margarita azul. Cando se engaden á margarita zumes ou purés de froitas máis doces, a cantidade de licor de laranxa a miúdo redúcese ou elimínase por completo. Ademais dos licores con sabor a laranxa, ocasionalmente pódese engadir ao cóctel outros licores, con sabor a melón ou con sabor a framboesa negra.

Zume de lima fresco[editar | editar a fonte]

O zume de lima acabado de espremer é o ingrediente clave. A lima máis común nos Estados Unidos é a de pel grosa (lima persa). Con todo, as margaritas en México fanse xeralmente con limas mexicanas (lima común). Son pequenas, de pel fina e, a miúdo, as limas teñen un sabor amargo e agre comparado coas limas persas. As margaritas feitas con limón teñen un sabor máis suave, especialmente cando se utiliza limón Meyer.[2]

Outras froitas[editar | editar a fonte]

Tamén se poden utilizar froitas e mesturas de zumes alternativas nunha margarita. Moitas receitas requiren un pouco de zume de laranxa. Cando a palabra "margarita" é utilizada por si mesma, polo xeral refírese a unha margarita con zume de lima ou limón, pero cando se utilizan outros zumes, os froitos adóitanse engadir como adxectivos no nome, con zume de lima ou zume de limón para darlle o sabor característico á margarita (agrégase a miúdo unha roda ou toro de lima ou limón na copa).

Historia[editar | editar a fonte]

Unha margarita mesturada.
Unha margarita servida nun vaso old fashioned.

Orixe[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha proba sólida de quen "inventou" a margarita.[3] A máis aceptada de todas as historias é que a margarita foi inventada en outubro de 1941, na Cantina de Hussong[4] en Ensenada, México, polo camareiro Don Carlos Orozco.[5] Unha tarde aburrida, Don Carlos estaba experimentando con novas mesturas de bebidas, cando chegou unha visitante de prestixio: Margarita Henkel, filla dun embaixador alemán, que vivía co seu marido Roy Parodi, preto da cidade no Rancho Hamilton. Don Carlos ofreceu a bebida a Margarita, e logo chamouna como ela por ser a primeira persoa en probala.[5][6] Preparou unha mestura a partes iguais de tequila, licor de laranxa (falso) e limón, servido con xeo nunha copa co bordo con sal.[5] Con todo, a receita de don Carlos fíxose con licor Damiana, non con licor Cointreau de laranxa. É posible que nomease á súa bebida como Margarita Henkle, pero non é a copa da que o mundo goza hoxe. Outra historia relacionada coa margarita di que foi inventado uns anos antes no Rancho La Gloria Hotel, a medio camiño entre Tijuana e Rosarito, México, por Carlos "Danny" Herrera, para unha bailarina de Ziegfeld chamada Marjorie King.[7] Esta historia foi relatada por Herrera e tamén polo barman Albert Hernández, quen é recoñecido pola popularización da margarita en San Diego logo de 1947, no Restaurante La Plaza en La Jolla.[8] Hernández afirmaba que o propietario de La Plaza, Morris Locke, coñecía a Herrera e visitaba México a miúdo.

Outro conto sobre a orixe comeza a historia do cóctel no lendario nightclub Balinese Room en Galveston, Texas, onde, en 1948, o barman xefe Santos Cruz creou a margarita para a cantante Peggy (Margaret) Le. Suponse que o nome ven da versión en español do seu nome, Margarita, e foi un éxito desde entón.[9]

Outra explicación, é que a margarita non é máis que unha popular bebida americana, o Daisy (daisy, o nome da margarida en inglés, dise margarita en español), feito con tequila no canto de brandy, que se fixo popular durante a lei seca, xa que a xente traía alcohol desde a fronteira.

Vaso[editar | editar a fonte]

Un vaso de margarita arquetípico.

A margarita pode ser servida nunha variedade de copas, especialmente o estereotipo copa margarita, unha variante da clásica Copa de Champagne, o que se asocia particularmente con margaritas de froitas mesturadas. A copa utilízase tamén para pratos como o guacamole ou cóctel de camaróns. En contextos formais as margaritas sérvense a miúdo nunha copa de cóctel, mentres que en ambientes informais, especialmente con xeo, as margaritas pódense servir nun vaso old-fashioned.

Popularidade[editar | editar a fonte]

O cóctel margarita foi o "Drink of the Month" no Esquire Magazine, decembro 1953, páx. 76:[10]

1 onza de tequila
Pequena cantidade de Triplo Seco
Zume de 1/2 lima ou limón
Verter sobre xeo picado, mesturar. Frote o bordo dun vaso con pé con cortiza de limón ou lima, déalle a volta sobre sal vertido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MARGARITA All Day Cocktail". IBA. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2012. 
  2. Alisa (2019-05-06). "Meyer Lemon Margarita". The Delicious Spoon (en inglés). Consultado o 2023-08-14. 
  3. "Once Upon a Time in Mexico - The Origin of the Margarita". Imbibe Magazine. March/April 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2012. Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  4. "cantinahussongs.com". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2021. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 de Mancillas, Gloria (1992). Seminario de Historia de Baja California. Instituto de Investigaciones Historicas UABC. Hazard, Ann (1992). Agave Sunsets, Treasured Tales of Baja. Renegade Enterprises, pp 157-160. Lieber, Sara (2007). MTV Best of Mexico. Wiley Publishing, Inc., p 349. 
  6. Lieber, Sara (2007). MTV Best of Mexico. Wiley Publishing, Inc., p 349. 
  7. Michael Stetz (9 de xullo de 2006). "I'll Have a Mystery on the Rocks with Salt". San Diego Union-Tribune. Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  8. Jack Williams (4 May 2006). "Obituary - Albert Hernandez Sr.; Margarita Pioneer, Restaurateur". San Diego Union-Tribune. Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  9. Rosenberg Library Museum "Lost Treasure: The Balinese Room" Balinese Room. Arquivado 25 de abril de 2012 en Wayback Machine..
  10. Barry Popik. "Texas, The Lone Star State: Margarita (cocktail)". Consultado o 12 August 2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]