Margarida de Prades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sepulcro da raíña no Mosteiro de Santes Creus.

Margarida de Prades, nada en 1388 ou 1395, e finada o 23 de xullo de 1429, foi unha nobre medieval, raíña consorte do Reino de Aragón como esposa de Martín I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Margarida era filla do nobre aragonés Pedro, conde de Prades, e de dona Juana de Cabrera. A súa familia descendía directamente da casa real aragonesa. Casou con Martín I o 17 de setembro de 1409, coa esperanza de lle dar ao rei un herdeiro. Non obstante, Martín I feneceu ao pouco, en 1410, extinguíndose con el a Casa de Barcelona.