Margarida de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargarida de Inglaterra
Biografía
NacementoHungría Editar o valor em Wikidata
Morte1192 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Auvergne, Reino de Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Orde relixiosaOrde do Císter Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa3 de febreiro Editar o valor em Wikidata
Túmulo na igrexa onde se atopan os restos mortais de Santa Margarida de Inglaterra.

Margarida de Inglaterra, nada en Hungría e finada na abadía de Sauvebénite de Auverña (Francia) en 1192, foi unha relixiosa inglesa, pertencente á Orde do Císter.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Igrexa na vila de Somersby (Lincolnshire) en honra á Santa Margarida.

De nova foi canda a súa nai de peregrinación a Xerusalén e, a continuación, establecéronse en Belén, onde viviron vidas austeras de penitencia. A súa nai morreu alá, na Terra Santa. Despois diso, Margarida fixo numerosas peregrinacións á Virxe de Montserrat en Cataluña, e despois a Nosa Señora de Le Puy-en-Velay, en Auverña. Preto de alí, na abadía de Sauvebénite, converteuse en monxa cisterciense.

Foron reportados varios milagres no seu túmulo e converteuse nun lugar de peregrinación. No santoral católico, o seu día é o 3 de febreiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Farmer, David Hugh. (1978). The Oxford Dictionary of Saints. Oxford: Oxford University Press.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]