Margaret Levi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargaret Levi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Presidente American Political Science Association (en) Traducir
2004 – 2005 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - Doutor en filosofía (1968–1974)
Bryn Mawr College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia política Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Stanford Editar o valor em Wikidata
OcupaciónCientífica política.
EmpregadorUniversidade de Washington
Universidade de Sydney
Universidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webprofiles.stanford.edu… Editar o valor em Wikidata

Margaret Levi, nada en 1947, é unha escritora e politicóloga estadounidense, coñecido polo seu traballo en política comparativa, política do traballo e teoría democrática, en particular sobre as orixes e os efectos do Goberno de Confianza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Levi graduouse no Bryn Mawr College en 1968 e posteriormente doutorouse en Ciencia Política na Universidade Harvard en 1974. Dende entón, exerceu de mestra na Universidade de Washington na cidade de Seattle, onde actualmente da clase de Relacións Internacionais no departamento de Ciencia Política. Ademais, Levi foi profesora en diversas institucións, entre elas Max Planck Institute da Universidade de Oxford, o Instituto Universitatio Europeo, da London School of Economics e na Universidade Nacional Australiana.

O libro de Levi Of rule and Revenue (1988), un estudo das institucións de produción de ingresos do Estado, axudou ós pioneiros nos estudos da Teoría da escolla racional en política comparada. Dende entón estendeu a análise da elección racional en novas áreas de relevancia, por exemplo ó analizar a aceptación do servizo militar obrigatorio en Consent, Dissent, and Patriotism (1997).

Levi foi elixida membro da Academia Americana das Artes e Ciencias en 2001 e foi presidenta da American Political Science Association no período 2004-2005. Tamén é editora da Annual Review of Political Science, e actúa no consello editorial de varias revistas, incluída a Politics & Society, Rationality and Society e Political Studies.

Levi e o seu marido Robert Kaplan teñen unha gran colección de arte indíxena australiana, parte da cal pódese ver no Seattle Art Museum.