Margaret Cavendish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cavendish Margaret rtf 394b2e90.jpg

Margaret Cavendish, nada en 1623 e finada en 1673, foi unha escritora en lingua inglesa e Duquesa de Newcastle.

[editar] Traxectoria

Non recibiu unha educación diferente doutras nenas acomodadas da época. Con todo, destacou no seu interese pola ciencia natural e matemática. Exiliada coa súa familia por cuestións políticas en París no 1642, coñeceu e casou con William Cavendish, no 1645, co que desenvolveu a súa actividade e formou parte do grupo científico e intelectual da cidade. Coa restauración, o seu marido foi nomeado Duque de Newcastle, voltando a Inglaterra. O seu campo de actuación abrangue a poesía, filosofía, ensaio, ... incluíndo a que se considera precursora das novelas de ficción científica, “New Blazing World”. Editou a súa obra co seu propio nome, en contra do usual na época nas familias acomodadas, e é a única muller inglesa da época que publicou máis dun libro. Dentro da súa faceta científica destaca a publicación de “Observations upon Experimental Philosophy” no 1668.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas