Marcos Valcárcel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcos Valcárcel
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1958 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 2010 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteEsclerose lateral amiotrófica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Interesado enNacionalismo galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 97 Dialnet: 1783238


Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2010[1][2], foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de xoieiros da cidade de Ourense, licenciouse en historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutoraría. Especializouse en historia contemporánea de Galicia, e en particular no período que comprende os primeiros anos do século XX e a formación do galeguismo. Xornalista en Ourense, pertenceu a distintas asociacións culturais e reivindicativas na cidade, entre as que destaca o Clube Cultural Alexandre Bóveda, do que foi fundador e presidente. Laboralmente deu clase de historia en bacharelato en distintos centros de ensino da cidade ourensá.

Nos seus libros de historia dedicouse fundamentalmente a explorar o pasado do xornalismo en Ourense e nas biografías de escritores da cidade, como Ramón Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Xaquín Lorenzo, pero tamén de Eladio Rodríguez González ou Xesús Ferro Couselo. Politicamente, foi militante de Unidade Galega.

En 2006 engadiu ao seu labor xornalístico o blog As uvas na solaina, do que foi promotor e un dos autores principais, a canda Afonso Vázquez-Monxardín ou Xosé Ramón Quintana. A finais de 2008 e coincidindo coa presentación dun libro sobre historia da súa cidade, recibiu unha homenaxe pública no Liceo da capital auriense onde acudiron máis de 300 persoas do tecido cultural ourensán e galego[3].

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Dos años de agitación política (Basilio Álvarez no Parlamento) (1991, Ediciós do Castro).
  • Obra completa. A carón do lume, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Cóxegas e moxetes, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Farsadas, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Monifates, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • O libro dos amigos, de Ramón Otero Pedrayo (1997, Galaxia).
  • Don Xoaquín Lorenzo no fío de nós: artigos e entrevista (2004, Concello de Ourense).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento, (1988, Ir Indo), escrito en colaboración con Xosé Ramón Quintana.
  • AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X. .
  • Eduardo Blanco Amor fotógrafo (1993, Clube Alexandre Bóveda de Ourense).
  • Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo.
  • Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
  • O fillo da florista: 34 retratos de Eduardo Blanco Amor (1998, Linteo). Coordinador con Ángeles Fernández e Benito Losada.
  • Antoloxía de textos, de Juan de la Coba y Gómez, (1999, Concello de Ourense).
  • A memoria de Ourense (1999, Xerais).
  • Diccionario da literatura galega. III. Obras (2000, Galaxia).
  • Castelao no seu tempo: unha perspectiva ourensá (2001, Concello Ourense).
  • Eladio Rodríguez. Unha fotobiografía. 1864-1949 (2001, Xerais).
  • Ourense craro río, verde val: a cidade na voz dos seus poetas (2001, Concello de Ourense).
  • Carlos Casares, punto de encontro (2002, Concello de Ourense).
  • Antón Avilés de Taramancos: Letras Galegas 2003 (2003, Xunta de Galicia).
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
  • Letras galegas 2004. Xoaquín Lorenzo Fernández: a memoria das cousas. Unidade didáctica de Educación Primaria (2004, Xunta de Galicia).
  • Lorenzo Varela. Letras Galegas 2005. Educación Secundaria: unidade didáctica (2005, Xunta de Galicia).
  • Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra. Letras Galegas 2006 (2006, Xunta de Galicia).

Bibliografía sobre a súa figura[editar | editar a fonte]

  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 2008 é recoñecido co premio Otero Pedrayo.
  • En 2009 recibiu a Medalla Castelao en recoñecemento á súa contribución á cultura galega[4].
  • O 30 de maio de 2012, o pleno da Deputación de Ourense aproba por unanimidade que o edificio coñecido como Simeón, mercado pola institucións anos atrás, pase a chamarse Centro Cultural Marcos Valcárcel [5].
  • O 13 de decembro de 2014, é recoñecido pola Deputación de Ourense, coa medalla de ouro da Provincia a título póstumo[6].
  • A finais do curso 2011/12, o IES A Carballeira pasa a denominarse IES A Carballeira-Marcos Valcárcel.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado, tivo unha filla. Á súa morte, producida por esclerose lateral amiotrófica[7][8], foi incinerado e as súas cinzas esparexidas en Fisterra.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]