Marco Reginelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarco Reginelli
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata
Téramo, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)

Find a Grave: 159037505 Editar o valor em Wikidata

Marco "Small Man" Reginelli, nado en Teramo en 1897 e finado o 26 de maio de 1956, foi un mafioso de Nova Jersey que chegou a ser underboss da familia da delincuencia de Filadelfia e rexedor dun famoso club nocturno de Atlantic City. O adeallo de Reginelli, Small Man (home pequeno, en inglés) proviña da súa curta estatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Nepezzano, unha frazione da cidade italiana de Teramo, na rexión dos Abruzos, Reginelli emigrou aos Estados Unidos en 1914, coa idade de 17 anos. En primeiro lugar estableceuse nunha comunidade italo-americana en Penns Grove, Nova Jersey, con moitos veciños de Valle San Giovanni e Teramo. Moitos destes inmigrantes traballaban na próxima fábrica de produtos químicos DuPont. Na década de 1930, Marco trasladouse a Camden, onde se converteu nun membro da Cosa Nostra. As especialidades de Marco eran o xogo e o xogo de números, aínda que tamén foi declarado culpable de furto e receptación. Unha vez un comité do Congreso describiu a Reginelli como "o maior matón da zona de Filadelfia-Nova Jersey".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]