Marco Claudio Marcelo (cónsul -166)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marco Claudio Marcelo (Marcus Claudius M. F. M. N. Marcellus) foi un cónsul romano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai fora cónsul no ano 196 a.C e á súa morte no 177 a.C. sucedeulle no cargo de pontífice. No ano 169 a.C era pretor en Hispania e no 166 a.C.cónsul de Roma, venceu aos galos nos Alpes, obtendo as honras do triunfo. No 155 aC volve de novo ao consulado e vence aos ligures. No 152 aC accede ao consulado pola terceira vez, xunto con Lucio Valerio Flaco, foi enviado a Hispania para substituír a Quinto Fulvio Nobilior, que fora incapaz de facer fronte á rebelión dos celtíberos.

Marcelo vai tomar diversas medidas militares que conseguen gañar os celtíberos xunto con actos de clemencia e de visión política, obtendo a rendición de Oscilis e os arévacos deciden concertar unha tregua. Ao sur aos vetóns e lusitanos sométense con Marco Atilio contralando a súa obediencia, pero axiña como deixa a zona volven a se rebelar de novo, Marcelo acode conseguindo que volvan á obediencia ocupando a cidade de Nergobriga. No inverno do 152 ao 151 aC pasou a Córdoba, que pouco antes establecera como colonia. A embaixada dos arévacos a Roma non logrou concertar a paz, xa que o senado acusou a Marcelo de indolencia e non ratificou o acordo, elixindo a Lucio Lúculo como novo cónsul para continuar a guerra; ao coñecer Marcelo a resolución finxe un ataque aos celtíberos, que se someten incondicionalmente, quizais por medio dun pacto preestablecido, que o cónsul acepta, asinando a paz de Numancia, restablecendo os antigos tratados, e así entrega a provincia ao seu sucesor totalmente pacificada.

No 148 aC mentres se dirixía como embaixador a Masinisa de Numidia, pero o seu navío naufragou, resultando morto.