Marco Basaiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marco Basaiti, nado contra 1470 e finado en 1527, foi un pintor veneciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se sabe onde naceu, probablemente no Friúl, aínda que podería ter unha orixe balcánica, as súas obras máis antigas datan de 1496 e hai a crenza xeralizada que foi discípulo de Alvise Vivarini. Basaiti pintou sobre todo temas relixiosos, aínda que tamén fixo retratos. Na súa pintura empregou cores brillantes, ao contrario que a maioría dos seus contemporáneos.

Entre as súas obras máis coñecidas están San Sebastián ou Cristo rezando no Xardín (1516),