Marco Antistio Labeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marco Antistio Labeón
Nacementoséculo I a. C.xuliano
Falecemento10
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónxurista, político, avogado e escritor
PaiPacuvius Antistius Labeo
editar datos en Wikidata ]

Marco Antistio Labeón, nado no -43 e finado no 10 ou 11, foi un xurista romano contemporáneo de Augusto, discípulo de Gaio Trebacio Testa e fundador da escola proculeiana, antes que o seu rival Capitón, quen o considera legum atque morum populi romani iurisque civiles adprime doctior.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labeón é, en efecto, o xurista máis insigne dos primeiros anos do Principado; con el iníciase a etapa clásica central, ou de apoxeo, do Dereito romano. O seu pai (Pacuvio Labeón), xurista tamén, fora un fervoroso republicano, amigo de Bruto, e un dos primeiros en se conxurar contra Xulio César, morrendo pola súa propia man trala derrota de Filipos. Labeón permaneceu fiel ao ideal republicano herdado do seu pai; por esta razón, apenas ascendeu no cursus honorum: o ano 18 formou parte da comisión encargada por Augusto de facer unha nova lista de senadores (lectio senatus); obtivo a pretura, pero rexeitou o consulado que lle ofreceu Augusto, dedicándose de maneira total á súa vocación de xurista.

Escritor fecundo e orixinal, versado en gramática, literatura, filosofía e dialéctica, Labeón deixou unha obra inmensa, en máis de 400 libros, dos que se conservan referencias a través doutros xuristas (Ulpiano, Paulo, Xuliano), que citaban as súas opinións, o que permite apreciar a autoridade e o influxo das súas obras na xurisprudencia posterior.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Libri de iure pontificio.
  • Responsa.
  • Epistulae.
  • Pithana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A. FERNÁNDEZ BARREIRO. Marco Antistio Labeón
  • A. PERNICE, Labeo, I, Halle 1873, 7 ss.
  • P. DE FRANCISCI, Storia del Diritto romano, Milán 1944, 417 ss.
  • W. KUNKEL, Herkunft und soziale Stellung der römischen Juristen, Weimar 1952, 32 ss.
  • L. WENGER, Die Quellen des römischen Rechts, Viena 1953, 496 ss.
  • A. GUARINO, Labeone giurista meridionale, «Labeo» I, Nápoles 1955, 49 ss.
  • V. ARANGIO-RUIZ, Storia del Diritto romano, Nápoles 1957, 278 ss. ; 293.