Marcial Gamboa Pérez-Pardo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcial Gamboa Pérez-Pardo, nado nas Palmas, é un militar español que desde 2009 ocupa o posto de director da Escola Naval Militar de Marín.
Traxectoria[editar]
De familia vinculada á armada, foi neto do militar e senador ferrolán Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui e fillo do tamén comandante da Armada Marcial Gamboa Ballester. Matriculado na Escola Naval Militar de Marín, a partir de 1983 serviu en submarinos, primeiro como comandante no Tramontana e logo no Narval. Tamén exerceu coma comandante na fragata Navarra e no dragaminas Miño. En 2009 relevou a José Luis Urcelay Verdugo como director da Escola Naval Militar de Marín.
Condecoracións[editar]
- Placa, Cruz e Encomenda da Orde de San Hermenexildo