Marcia Cross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcia Cross

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Marlborough, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Juilliard
Antioch University (en) Traducir
Antioch College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosGreen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0189220 Allocine: 92420 Rottentomatoes: celebrity/marcia_cross Allmovie: p15919 0 TV.com: people/marcia-cross IBDB: 496857
Twitter: ReallyMarcia Instagram: reallymarcia Musicbrainz: 7e0152cb-d9f5-4547-aa1f-5744740e2963 Discogs: 3178240 WikiTree: Cross-2983 Editar o valor em Wikidata
Marcia Cross na alfombra vermella do Life Ball de 2014, Viena

Marcia Anne Cross, nada o 25 de marzo de 1962 en Marlborough, é unha actriz norteamericana de televisión, coñecida polo papel de Kimberly Shaw en Melrose Place (1992–97) e Bree Van de Kamp en Desperate Housewives (2004–12).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marcia é unha das tres fillas da parella formada por Janet, mestra, e Mark Cross, adestrador persoal.[1] Cursou os seus estudos no Instituto de Marlborough High School. Tras rematar en 1980, pasou á escola de artes escénicas Juilliard,[2] diplomándose en actuación en 1984.[3] Nese mesmo ano comezou a actuar na televisión, no serial diúrno The Edge of Night, interpretando o personaxe de Liz Correll. Pouco despois mudou a súa residencia de Nova York aos Ánxeles e principou a actuar en filmes para televisión, como The Last Days of Frank and Jesse James, xunto a Johnny Cash e Kris Kristofferson. En 1986 uniuse ao elenco do serial One Life to Live, no papel de Kate Sanders que interpretou ata 1987. E logo comezou a facer papeis de actriz convidada en series de horario de máxima audiencia como Who's the Boss?, Quantum Leap, Knots Landing e Cheers e en 1992 a elixírona para interpretar a Kimberly Shaw no serial de hora emitido en horario de máxima audiencia Melrose Place, inicialmente ía participar nun único episodio pero impresionou de tal xeito aos produtores que se fixo un personaxe fixo, permanecendo ata a quinta tempada. Apareceu tamén en episodios de comedias como Seinfeld, Boy Meets World, Ally McBeal, Spin City e King of Queens, en papeis dramáticos en CSI, Strong Medicine, Profiler e Touched by an Angel.[4]

Tamén actuou nalgúns filmes independentes: Bad Influence (1990), Always Say Goodbye (1996), Just Peck (2009) e Bringing Up Bobby (2011). En 2003 Cross traballou nunha tempada na serie Everwood,[4] e ao ano seguinte interpretou a Bree Van de Kamp en Desperate Housewives, que se converteu nun grande éxito na tempada 2004–05 e que lle valeu a Cross was a candidatura para varios premios polos seu traballo, entre eles un Emmy, tres Globos de Ouro e cinco do Sindicato de actores. Tamén logrou un Premio Satellite pola súa actuación na segunda tempada. A serie durou oito tempadas, concluíndo en 2012. En 2014 protagonizou un episodio piloto dunha nova comedia Fatrick, que non tivo éxito.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reed, J.D. (15 de decembro de 2003). "Health Change: Melrose Place Alum Marcia Cross Trades Bad Medicine for Good on Everwood". People. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de abril de 2012. 
  2. Goudas, John N. (17 de abril de 1987). "Marcia Cross' Parents Thought She'd Outgrow Acting Bug". Schenectady Gazette. Consultado o 9 de abril 2012. 
  3. Slewinski, Christy (11 de abril de 1996). "Just Another Manic Sunday, With The Madwoman Of 'MP'". Consultado o 9 de abril de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Marcia Cross- Biography, Yahoo! Movies
  5. "Marcia Cross Makes TV Return With Starring Role In Fox Comedy Pilot ‘Fatrick’". Deadline. 19 de decembro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]