Marca de Carniola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marca de Carniola (Mark Krain), no sueste do Sacro Imperio Romano Xermánico, no século X.
Véxase a antiga capital Krainsburg (Kranj) e a súa cidade máis grande Laibach (Ljubljana).

A Marca de Carniola (en esloveno: Kranjska krajina; en alemán: Mark Krain), tamén chamada Margraviato de Carniola, foi un estado no sueste do Sacro Imperio Romano Xermánico na Alta Idade Media, o predecesor do ducado de Carniola.

O seu territorio correspondía, grosso modo, á presente rexión central de Carniola da actual Eslovenia.

No tempo da súa creación, a marca servía como defensa fronteiriza contra os reinos de Hungría e Croacia.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

Antes da chegada dos romanos (ca. 200 a.C.), os taurisci habitaban no norte da Carniola, os panonios no sueste, e os iapodes ou carni, unha tribo céltica, no suroeste.

Carniola formou parte inicialmernte da provincia romana de Panonia. Posteriormente, a parte norte foi unida a Noricum, as partes sudoccidental e sudoriental e a cidade de Aemona, a Venecia e Istria. En tempos de Augusto toda a rexión desde Aemona ao río Kolpa pertencía á provincia de Savia.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Despois da caída do Imperio Romano de Occidente (476), Carniola fue incorporada ao reino de Italia e, en 493, baixo Teodorico o Grande formou parte do reino ostrogodo. Os carni viviron entre o alto Sava e o Soča.

Contra finais do século VI os eslavos asentáronse na rexión, chamada polos escritores latinos Carnia ou Carniola (pequena Carnia). Este nome deu lugar aos Krajina (esloveno) e Chrainmark (alemán). Os novos habitantes eslavos estiveron sometidos aos ávaros, dos que finalmente piideron liberarse, uníndose ao gran estado eslavo de Samo.

Desde o ano 788 a rexión estivo gobernada polos francos, desde que Carlomagno creou a Marca (ou Margraviato) de Friuli,[1] engadiu Carniola a este feudo.

Porén, tras a división do Friuli, unha rexión histórica italiana, Carniola foi unha Marca independente, de aí o nome de Marca de Carniola ou Margraviato de Carniola co seu propio margrave eslavo á cabeza que vivía na cidade eslovena de Kranj, suxeito ao gobernador de Baviera primeiro e, despois de 976, aos duques de Carintia.

En 1071, Henrique IV a encomenda ao Patriarca de Aquilea, unha cidade de nordeste de Italia.

Na Idade Media, a Igrexa ocupouse da gran pobreza presente en Carniola. Os bispos convertéronse en señores feudais, incluíndo a rexión eslovena e as súas cidades. Por outro lado, os duques gobernaron a provincia durante case medio século.

Finalmente, Carniola foi transferida, co acordo do patriarca, a Federico II de Babenberg que obtivo o título de Duque en 1245, pero morreu o ano seguinte durante unha batalla e foi sucedido por Ulrich III, que casou con Agnes de Andechs, unha parente do patriarca. Ulrich pagou a construción de igrexas e mosteiros e instalou o seu goberno na cidade de Kostanjevica, Eslovenia.
Por último, en 1268, legou ao rei Otakar II de Bohemia todas as súas posesións e o seu goberno de Carintia e Carniola.

Lista de margraves[editar | editar a fonte]

  • Poppo I, 1040–1044, conde de Weimar, tamén margrave de Istria desde 1012
  • Ulrico I, 1045–1070, fillo, conde de Weimar, tamén margrave de Istria desde 1060
  • Poppo II, 1070–1098, fillo, tamén margrave de Istria desde 1096
    • Ulrico II, 1098–1107, irmán, conde de Weimar, tamén margrave de Istria

Casa de Sponheim:

Casa de Andechs:

  • Bertoldo I, 1173–1188, tamén margrave de Istria

Duques de Merania:

Casa de Babenberg:

Casa de Sponheim:

  • Ulrico III, 1248–1269, tamén duque de Carintia desde 1256

Dinastía Přemyslida:

  • Ottokar II, 1269–1276, reo de Bohemia, tamén duque de Austria, Estiria e Carintia

Casa de Habsburgo:

  • Rodolfo, 1276–1286, rei alemán (Rei de Romanos) desde 1273, tamén duque de Austria, Estiria e Carintia até 1282

Dinastía Meinhardiner:

  • Meinhard, 1286–1295, conde de Tirol desde 1258, tamén duque de Carintia
  • Henrique, 1295–1335, fillo, tamén rei de Bohemia 1306 e 1307-10, duque de Carintia e conde de Tirol

Casa de Habsburgo:

  • Alberto II, 1335–1358, neto do rei Rodolfo, duque de Austria e Estiria desde 1330, tamén duque de Carintia
  • Rodolfo IV, 1358–1364, fillo, tamén duque de Austria, Estiria e Carintia, conde de Tirol desde 1363. Declarouse a si mesmo "duque de Carniola" en 1364.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unha Marca medieval era unha provincia nunha fronteira inimiga conquistada por un pobo que estaba ao outro lado da fronteira. Dirixida por un "margrave", é dicir, o xefe militar da provincia, a Marca era un feudo establecido para protexer o país veciño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ellen Churchill Semple: "The Barrier Boundary of the Mediterranean Basin and Its Northern Breaches as Factors in History". Annals of the Association of American Geographers, Vol. 5, (1915), pp. 27-59. [1]
  • James Westfall Thompson: Feudal Germany, Volume II. New York: Frederick Ungar Publishing Co., 1928.

Outros artigos[editar | editar a fonte]