Marc Prensky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marc Prensky, nado en New York o 15 de marzo de 1946, é un escritor e conferenciante estadounidense, especialista na educación e a aprendizaxe. É coñecido por crear e popularizar as expresións nativo dixital e inmigrante dixital, descritos en 2001 no seu artigo "On the Horizon".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse no Oberlin College en 1966, na Universidade Yale en 1968 e na Harvard Business School en 1980.

Dedícase á reforma da educación no sistema K12 (usado nos EUA, en Canadá e Australia), particularlmente en actualizar a metodoloxía didáctica do profesorado cara á procura dunha maior efectividade no estudantado do século XXI, cun currículo escolar baseado nunha metodoloxía de resolución de conflitos. Defende os dereitos do alumnado no proceso educativo, e promove o diálogo entre o profesorado e o alumnado nos procesos de ensino-aprendizaxe.

É autor de Digital Game-Based Learning (McGraw-Hill 2001) e Don't Bother Me Mom - I'm Learning (Paragon House 2006), ademais de numerosos artigos.