Marc Bolan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bolan Bust.jpg

Marc Bolan, pseudónimo de Marc Feld, nado o 30 setembro de 1947 e falecido o 16 de setembro de 1977, foi un músico e cantante de rock británico.

Xunto ao percusionista Steve Took fundou en 1967 a banda Tyrannosaurus Rex, despois chamada T. Rex. Baixo ese primeiro nome gravaron tres álbums:My people were fair and Had Sky in their hair but now they're content to wear stars on their brows (1968), Prophets, seers and sages, the angels of the ages (1968) e Unicorn (1969).

A comezos dos anos 70 a formación orixinal separouse e Bolan uniuse a Mickey Finn para formar T. Rex. Os seus éxitos máis lembrados son cancións con Children of the revolution, Ride White Swan, Hot Love e Get it on, todas elas números un no Reino Unido. A mediados dos anos setenta, a popularidade de Marc Bolan descendeu pese a que T. Rex continuou sancando discos á venda. Faleceu nun accidente de coche en Londres, cando tiña 29 anos. T. Rex desapareceu en 1978 sen publicar ningún disco máis.