Marañón, Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maranhão

Marañón
Bandeira do Marañón Escudo do Marañón
Bandeira Escudo
Lema: Per Ardua Surgo
(Latín: Pola dificuldade, venzo)
Himno: Hino do estado do Maranhão
 
Maranhao in Brazil.svg
 
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital
 • Poboación
San Luís
1.039.610 (2012)
Linguas
 • Oficiais
Portugués
Portugués
Estatus
 • Gobernador
Estado
Roseana Sarney (PMDB)
Fundación
1889
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 8º
331.983 km²
n/d
n/d km
640 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 10º
6.714.314 (2012)
20 hab./km²
Xentilicio Marañense
Fuso horario
 • en verán
BRT (UTC-3)
BRST (UTC-2)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-MA
Estados do Brasil

O Marañón, en portugués Maranhão, é un dos estados do Brasil situado na Rexión Nordeste. Ten como límites ao norte o Océano Atlántico; ao leste e sueste o estado de Piauí; a sudoeste e oeste o estado de Pará. A súa capital é a cidade de São Luís. Outra cidade importante é Imperatriz.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Paisaxe dos Lençóis.

Diferente de outros estados do Nordeste brasileiro, o Maranhão non ten rexións de clima semi-árido. Hai 5 tipos principais de vexetación no estado:

  • ó oeste, xunto á divisa co estado do Pará o seu clima e vexetación aseméllanse máis ós da selva ecuatorial
  • no centro do estado, predomina a chamada Mata de Cocais, con bosques palmeiras como o burití,
  • próximo ó litoral, hai unha rexión de campos naturais,
  • no litoral, hai mangleirais, dende a foz do río Gurupi ata a foz do río Periá,
  • finalmente, ó sur do estado, hai vexetación de sabana, que forma o chamado cerrado brasileiro.

Economía[editar | editar a fonte]

As principais actividades económicas do estado son a industria (destacándose a transformación de aluminio, a alimenticia e a madeireira), a extracción de babasú, a agricultura (principalmente soia, mandioca, arroz e millo) e a gandería. Máis da metade do PIB do estado concentrase na capital, São Luís. O turismo ten grande potencial no estado, grazas principalmente ás paisaxes naturais da rexión dos Lençóis Maranhenses, ás construcións históricas da capital, São Luís, e da cidade de Alcántara.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]