Dolores Medio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Medio Estrada»)
Infotaula de personaDolores Medio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1996 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , mestra Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

María Dolores Medio Estrada, nada en Oviedo o 16 de decembro de 1911 e finada na mesma cidade en 1996, foi unha escritora asturiana en lingua castelá. Das súas obras defuma unha representación pesimista do mundo, mais tamén teñen uns aires costumistas cunha marcada orientación social.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Dolores Medio estudou primeiro de Belas Artes e logo Maxisterio.

En xuño de 1930 obteu o seu título de Mestra de Primeira Ensinanza e foi nomeada profesora interina no pequeno pobo de Intriago, preto de Covadonga. En setembro pasou á escola de Cazanes, preto de Villaviciosa, e en xaneiro de 1932 foi mestra en Pravia. Sobre 1931 coñeceu a un home, mestre, moi influído pola Institución Libre de Enseñanza, que foi quen lle transmitiu o seu ideario político, e ó que só volvería a ver na cadea de Castropol.

En xullo de 1934 ingresou no corpo de Maxisterio e tomou posesión na escola de Piloñeta, en Nava.

A guerra civil española colleuna en Oviedo. En setembro non se puido volver incorporar ao seu traballo, mais o feito importante foi a morte da súa nai o 23 de outubro por falta de alimentos, segundo conta a propia escritora no seu libro Atrapados en la ratonera.

Reincorporouse á escola de Nava a finais de outubro de 1937, cunha tribulación profunda polos acontecementos dos que era espectadora: a segunda batalla de Oviedo, a destrución de Gernika, a sorte que corren os seus compañeiros e amigos, e os éxitos franquistas.

Volveu a Piloñeta e tivo que fuxir de alí. Foi denunciada por un párroco e en xaneiro de 1938 foi expedientada pola Inspección Provincial da Ensinanza, cun prego de cargos no que se lle acusaba de orientar a ensinanza en sentido esquerdista, atacar en público as ideas de relixión, patria e moral, facer alarde de ultramodernismo, non practicar a relixión católica, simpatizar cos marxistas e, finalmente, ter feito propaganda a favor das esquerdas e da Asociación de Traballadores da Ensinanza (A.T.E.A).

Como castigo, a Inspección enviouna, durante un ano e medio, á escola de Villa, en Cancienes, cerca de Avilés, até decembro de 1940, cando volveu a Piloñeta.

Dende 1940 até 1945, Dolores Medio marchou vivir a Madrid xunto a unha irmá súa que xa habitaba alí, adicouse a escribir. Outra razón que lle fixo mudarse a Madrid foi obter o Premio Concha Espina da revista Domingo con Nina, e colaborar con este semanario baixo o pseudónimo de Amaranta. Tamén se matriculou na Escola de Periodismo.

En 1952 ganou o Premio Nadal con Nosotros, los Rivero.

Na actualidade existe un colexio público que leva o seu nome, en Oviedo, así como a Fundación Dolores Medio, que ela mesma creou, aínda que con outro nome, Fundación Principado de Asturias, e que xestiona o Premio Dolores Medio de Novela.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Nina. Madrid, Aguilar, 1946. Novela.
  • El milagro de la noche de Reyes. Burgos, Hijos de Santiago Rodríguez, 1948.
  • Nosotros, los Rivero. Barcelona, Destino, 1953. Novela, ganadora do IX Premio Nadal 1952.
  • Compás de espera. Barcelona, Plaza y Janés, 1954. Novela.
  • Mañana. Madrid, Tecnos, 1954. Novela.
  • Funcionario público. Barcelona, Destino, 1956. Novela.
  • El pez sigue flotando. Barcelona, Destino, 1959. Novela.
  • Diario de una maestra. Barcelona, Destino, 1961. Novela.
  • Bibiana. Madrid, Bullón, 1963. Novela.
  • El señor García. Madrid, Alfaguara, 1966. Novela.
  • Biografía de Isabel II de España. Madrid, Rivadeneyra, 1966. Biografía.
  • Andrés. Oviedo, R. Grandío, 1967. Cuentos.
  • Guía de Asturias. Barcelona, Destino, 1968. Guía.
  • Selma Laguerlof. Madrid, Epesa, 1971. Biografía.
  • La otra circunstancia. Barcelona, Destino, 1972. Novela.
  • Farsa de verano. Madrid, Espasa Calpe, 1973. Novela.
  • El bachancho. Fuenlabrada, Magisterio Español, 1974. Contos.
  • El fabuloso imperio de Juan sin tierra. Barcelona, Plaza y Janés, 1977. Novela.
  • Atrapados en la ratonera: Memorias de una novelista. Madrid, Alce, 1980. Biografía.
  • El urogallo. Xixón, Noega, 1982. Novela.
  • La última Xana: narraciones asturianas. Oviedo, Fundación Dolores Medio, 1986. Contos.
  • Oviedo en mi recuerdo. Oviedo, Fundación Dolores Medio, 1990. Biografía.
  • En el viejo desván (Memorias). Oviedo, Caja de Ahorros de Oviedo, 1991. Biografía.
  • ¿Podrá la ciencia resucitar al hombre?. Oviedo, Fundación Dolores Medio, 1991. Ensaio.