María Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Casal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , presentadora de televisión , director teatral Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAntonio Casal Rivadulla Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0142786 Allmovie: p269955 TCM: 795772 Editar o valor em Wikidata

María Consuelo Casal Mínguez, nada en Madrid o 26 de febreiro de 1958 e máis coñecida como María Casal, é unha actriz española, filla do tamén actor Antonio Casal.

Biografía[editar | editar a fonte]

O seu debut no mundo artístico foi como azafata do concurso de Televisión Española, Un, dos, tres... responda otra vez entre os anos 1976 e 1978.

Posteriormente, faríase cargo xunto a Amparo Larrañaga e posteriormente Adriana Ozores da presentación do programa musical Aplauso entre 1981 e 1983, tarefa na que substituíu a Silvia Tortosa.

Nos anos posteriores, interviría en películas como La guerra de los niños (1980), Las brujas mágicas (1981) ou La avispita Ruinasa (1983).

Nos últimos anos alcanzou gran popularidade en España pola súa participación en series de éxito en televisión, como Menudo es mi padre (1996) ou, sobre todo, Hospital Central, onde deu vida á enfermeira Elisa Sánchez entre os anos 2000 e 2004.

Tamén dirixiu e escribiu dúas curtametraxes.

A finais de 2010, en decembro, incorpórase á rodaxe da quinta tempada de La que se avecina dando vida ao personaxe fixo de Reyes, noiva de Araceli Madariaga (Isabel Ordaz) quen chegou a Montepinar tras varios anos de ausencia cunha identidade sexual diferente. Esa será a súa única tempada na serie.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actriz[editar | editar a fonte]

Teatro
Cine
Televisión

Como presentadora e azafata[editar | editar a fonte]

Como directora e guionista[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Shangay
Ano Categoría Serie Resultado
2011 Mellor interpretación de televisión (ex aquo Isabel Ordaz) La que se avecina Gañadora[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Casal e Isabel Ordaz, gañadoras dos Premios Shangay 2012". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 28 de decembro de 2012.