María Barcala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Barcala
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Vila de Cruces, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXulio Lago
FillosAleixandre Lago Barcala Editar o valor em Wikidata

María Barcala Porto, nada en Vila de Cruces o 15 de marzo de 1957, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1979 participou na fundación da compañía Teatro Da Mari-Gaila en Santiago de Compostela e con ela actuou en varias montaxes ata 1984 cando a compañía desapareceu. En 1984 participou na primeira montaxe do Centro Dramático Galego, Woyzeck de Georg Büchner. En 1985 e 1986 pasou unha temporada en Madrid participando no colectivo teatral Guirigai. Tras a súa volta a Galicia pasou a formar parte de Teatro do Atlántico e participou en producións do CDG como A noite vai coma un río de Álvaro Cunqueiro.

Participou en Divinas Palabras de José Luis García Sánchez. En 1992 actuou na mediometraxe de Antonio Francisco Simón, Un café de ollos verdes. Nos anos 2000 a 2001 interpretou a Isabel Losada na serie da TVG Rías Baixas.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva do concello de Padrón, 2016.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Xulio Lago Alonso, é nai de Aleixandre Lago Barcala.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Santiago, 11-2-2016, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]