María Alonso Seisdedos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Alonso Seisdedos
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

María del Carmen Alonso Seisdedos, nada en Vigo en 1961, é unha tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Barcelona (1984[1]) e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traduce desde o inglés, francés, portugués, italiano, alemán, catalán e castelán, principalmente ó galego.[2]

Desde o ano 1986, traduciu para dobraxe e subtitulación multitude de produtos audiovisuais ó galego.[3] Realizou correccións ortotipográficas e de estilo para editoriais galegas[2].

No ano 2009 iniciouse na tradución literaria e verteu ó galego autores como Orhan Pamuk, Kazuo Ishiguro e Herman Koch, así como obras de literatura infantil e xuvenil.[2]

En 2024 debutou como novelista.[4]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • As Jermaine (Galaxia, 2024)

Obras traducidas[editar | editar a fonte]

Traduciu unha gran cantidade de obras desde diversas linguas[5][6][7]:

Obras literarias[editar | editar a fonte]

  • O museo da inocencia, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan
  • Neve, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan
  • Nocturnos, de Kazuo Ishiguro (Editorial Galaxia, 2010)
  • O libro negro, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2011) con Bartug Aykan
  • Chámome vermello, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2012) con Bartug Aykan
  • A cea, de Herman Koch (Editorial Galaxia, 2012) con Antón Vialle
  • Ulises, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2013) con Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle
  • As lentes de ver de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • Carliños Súper M de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • O rabaño de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • Os camiños das árbores de Pep Bruno (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • Grazas! de Charo Pita (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • Kiwi: un paxaro máis ben raro de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • O rei dos animais de Miguel Tanco (Ediciones La Fragantina, 2015)
  • Osiño, a vella xirafa e o valado de pedra de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2015)
  • Só un reloxo de Roberto Aliaga (Ediciones La Fragantina, 2015)
  • Un día no mar de Paula Carbonell (Ediciones La Fragantina, 2015)
  • O enigma de Qaf de Alberto Mussa (NovoVinilo Edicións, 2015)
  • Nemo, o rapaz sen nome, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2016)
  • O momento perfecto de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2016)
  • Reckless. O fío de ouro, de Cornelia Funke (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
  • Nemo, o xigante de pedra, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
  • O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
  • A concesión do teléfono, de Andrea Camilleri (NovoVinilo Edicións, 2017)
  • Sombras de reis barbudos, de José J. Veiga (NovoVinilo Edicións, 2017)
  • A casa do sono, de Jonathan Coe (NovoVinilo Edicións, 2017)
  • O año que é un porquiño, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
  • Porque te quero moito, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
  • O granxeiro e o veterinario, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
  • O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris (Edicións Xerais de Galicia, 2019)
  • Mulleres e poder, de Mary Beard (Hércules de Ediciones, 2019)
  • O chuvasqueiro de Aurora, de María Márquez (Bellaterra Edicións, 2020)
  • A muller do porvir, de Concepción Arenal (Consello da Cultura Galega, 2020)
  • Na néboa, de Richard Harding Davis (Hugin e Munin, 2020)
  • A contrapelo. Ou por que rachar co círculo da depilación, submisión e autoodio, de Bel Olid (Embora, 2020)
  • Fodemos? De que non falamos cando falamos de sexualidades, de Bel Olid (Embora, 2021)
  • Unha educación, de Tara Westover (Hércules de Ediciones, 2021)
  • Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà (Kalandraka, 2021)
  • Os Rescatadores Máxicos e a trapela a Imaxinaria, de Sabrina Catdoor (La Galera, 2021)
  • Os Rescatadores Máxicos e o aniversario do revés, de Sabrina Catdoor (La Galera, 2021)
  • Dublineses, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2022)
  • Despois do diario de Anne Frank, de Bas Von Benda-Beckmann (Kalandraka, 2022) con Antón Vialle
  • Bambi. Unha aventura na fraga, de Felix Salten (Editorial Galaxia, 2022)
  • Mathilda, de Mary Wollstonecraft Shelley (Irmás Cartoné, 2022)
  • Feminismo de peto, de Bel Olid (Embora, 2022)
  • O día que morreu David Bowie, de Sebastià Portell Clar (Edicións Positivas, 2022)
  • A Casa Grande de Romarigães, de Aquilino Ribeiro (Kalandraka, 2022)
  • Léxico familiar, de Natalia Ginzburg (Edicións Laiovento, 2022)
  • Susana Pillabana e as tesoiras, de Jaap Robben e Benjamin Leroy (Embora, 2022) con Antón Vialle
  • Susana Pillabana e o dedo fedorento, de Jaap Robben e Benjamin Leroy (Embora, 2022) con Antón Vialle
  • Carol, de Patricia Highsmith (Kalandraka, 2022)
  • O talento do señor Ripley, de Patricia Highsmith (Kalandraka, 2022)
  • Canas ao vento, de Grazia Deledda (Irmás Cartoné, 2023)

Obras audiovisuais[editar | editar a fonte]

Entre outras obras, traduciu ó galego para a súa posterior emisión en Televisión de Galicia[8]:

Distincións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "“Para min, en calquera tradución, o reto está sempre en meterme no papel”, asegura María Alonso Seisdedos, gañadora da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución". www.fundacionplacidocastro.com. Consultado o 2022-09-06. 
  2. 2,0 2,1 2,2 [1] Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Blog da autora.
  3. “Nunca volvo ver unha tradución miña, seguro que cambiaría cousas”, no Diario da Universidade de Vigo, 2015.
  4. [https://editorialgalaxia.gal/os-fios-da-identidade/ María Alonso Seisdedos debuta como novelista con “As Jermaine”, editorialgalaxia.gal, 5 de abril de 2024.
  5. María Alonso Seisdedos Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine., blog da autora.
  6. María Alonso Seisdedos, en Cultura Galega.
  7. Páxina da tradutora, en Editorial Xerais.
  8. Entrevista á tradutora, no blogue Derrubando isoglosas.
  9. A mellor tradución do ano en Editorial Galaxia, 2011.
  10. Dous libros de Galaxia, premiados na web Fervenzas Literarias Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en Editorial Galaxia.
  11. A versión en galego do 'Ulises' de Joyce gaña o Premio Nacional de Tradución Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en El Correo Gallego, 2013.
  12. A tradutora María Alonso Seisdedos é a gañadora do primeiro premio Xela Arias Arquivado 31 de outubro de 2018 en Wayback Machine., páxinas web da AGPTI, 30 de outubro de 2018.
  13. María Alonso Seisdedos, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición, Fundación Plácido Castro, 2 de setembro de 2022
  14. Mary Ann Newman, Claire Verlet, María Alonso Seisdedos y Simona Škrabec, Premis Internacionals Ramon Llull 2022, Institut Ramon Llull, 14 de decembro de 2022
  15. Un novo premio para a tradutora María Alonso Seisdedos, Diario Cultural, 20 de decembro de 2022