Manuela Trasobares
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuela Trasobares Haro, nada en Figueres o 28 de agosto do 1962, é unha cantante e política catalá.
Estudou Belas Artes, pintura e escultura en distintas escolas de Barcelona e bel canto no Conservatorio de Sofía, en Bulgaria. Ten voz de mezzosoprano, e como tal ten actuado en distintos espectáculos tanto se ópera como de teatro musical, pero nunca en papeis de protagonista.
É transexual; aos 15 anos foille reasignado o seu sexo nunha operación en Londres.
Índice |
[editar] Carreira política
No ano 2007 presentouse ás eleccións municipais polo partido republicano ARDE, á alcaldía de Geldo, a vila onde vive en Castellón. Foi escollida como concelleira, co que se converte na primeira concelleira transexual de España.