Manuela Sáenz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuela Sáenz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuela Sáenz de Vergara y Aizpuru Editar o valor em Wikidata
27 de decembro de 1797 Editar o valor em Wikidata
Quito (Imperio Español) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1856 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Paita, Perú (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDifteria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPaita (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVicerreinado de Nova Granada
Bolivia
Gran Colombia
Perú
Ecuador Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , activista política , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaSimón Bolívar Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 97869907 Editar o valor em Wikidata

Manuela Sáenz Aizpuru, nada en Quito, Imperio español o 27 de decembro de 1797 e finada en Paita, Perú o 23 de novembro de 1856,[1] foi unha patriota quiteña, recoñecida pola historiografía independentista hispanoamericana contemporánea como heroína da Independencia de América do Sur. É coñecida tamén como Manuelita Sáenz e como "Libertadora do Libertador" alcume que lle outorgou Simón Bolívar ó salvarlle a vida durante a Conspiración Setembrina en BogotáColombia.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1817 casou, nun matrimonio pactado pola familia, co adiñeirado médico inglés James Thorne, co que se asentaría en Lima. Foi aquí onde Rosa Campuzano a foi introducindo nos círculos dos patriotas peruanos.[3]

Manuela Sáenz comezou a participar no movemento pola independencia no ano 1819, onde era colaboradora dos patriotas peruanos en Lima. Tamén fixo de espía, de correo e coadxuvou ao cambio do batallón realista Numancia cara ás filas patriotas. Por todo este activismo foi condecorada co título de "caballeresa del Sol" polo xeneral San Martín en 1821, logo da toma de Lima e a proclamación de independencia.[1]

Coñeceu a Simón Bolívar á súa entrada en Quito o 16 de xuño de 1822. Enfrontándose as convencións sociais da época, separouse do seu marido e converteuse na amante e compañeira de Simón Bolívar ata morte deste en 1830. En 1823, acompañouno ao Perú e formou parte activa das campañas pola independencia, como integrante do Estado Maior e tamén como conselleira.[3]

Logo da morte de Simón Bolívar foi expulsada de Colombia, de onde partiu primeiramente a Xamaica e máis tarde a Paita, onde viviu ata a súa morte. Morreu de difteria, consecuencia dunha epidemia rexistrada nesta rexión. Nos últimos anos da súa vida vivira con escasos recursos; foi incinerada nunha fosa común e as súas pertenzas foron queimadas.[1]

Legado[editar | editar a fonte]

Despois da revolución, a figura de Manuela desapareceu da literatura. Entre 1860 e 1940 só tres escritores ecuatorianos escribiron sobre ela e sobre a súa participación na revolución,[4] e estes escritos represéntana exclusivamente como a amante de Simón Bolívar ou como unha muller incapaz de participar activamente na esfera política. Estas representacións incidiron tamén na súa femininidade como alicerce da súa caracterización.[4] Porén, na década de 1940 produciuse un cambio significativo na súa consideración histórica e na súa caracterización. Obras como Papeles De Manuela Saenz de 1945, por Vicente Lecuna, que é unha recompilación de documentos sobre a vida de Bolívar, desmentiron o estereotipo popular sobre Manuela.[4] Un dos defensores da relevancia de Manuela Sáez foi Carlos Álvarez Saá, quen a finais do século XX recuperou a súa imaxe, recompilou documentos orixinais e outros obxectos para crear un museo adicado a ela en Quito.[5] As ideas sobre se tiña desviacións sexuais, se era moi feminina ou incapaz foron substituídas por retratos máis favorables co avanzar do século XX.

Segundo Pamela Murray, a historiografía sobre Manuela Sáenz durante o século XX tivo dúas correntes opostas: a primeira dedícalle adxectivos como "tola" ou "inmoral" mentres que unha segunda ensalza as súas virtudes, representándoa como a libertadora do libertador. A partir da metade do século comezan a aparecer biografías máis completas e máis tarde, na década dos setenta, saen á luz novas achegas relacionadas con correntes historiográficas vinculadas ós estudos de historia das mulleres e a perspectiva de xénero.[5]

A finais do século XX producíronse cambios na súa representación que foron coherentes cos cambios ideolóxicos que se estaban a producir en América Latina, como o incremento do feminismo na década de 1980 e o nacionalismo das décadas 1960 e 1970. As representacións na obra ficticia El general en su laberinto de Gabriel García Márquez e a non ficticia Manuela Saenz La Libertadora del Libertador de Alfonso Rumazo González, contribuíron á humanización efectiva dentro da cultura popular e axudaron a politizar a súa imaxe.[6] A novela de Alfonso Rumazo foi especialmente conmovedora polo seu nacionalismo panamericanista que estaba representado pola participación de Manuela nas guerras de independencia. Manuela fíxose cada vez máis popular entre as feministas radicais latinoamericanas, e a súa imaxe foi usada como punto de encontro das causas indolatinas da década de 1980.[6] A imaxe de Manuela de a cabalo con roupa de home, popularizada en El general en su laberinto, foi recreada polas manifestantes en Ecuador en 1998.[6]

Case dous séculos despois da súa morte, é unha personaxe que continúa aínda espertando odios ou amores e ocasionando debates e controversias.[7] O 25 de maio de 2007, o goberno ecuatoriano deulle a Manuela de xeito simbólico o rango de xeneral.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Caballeresa del Sol, condecoración outorgada polo xeneral San Martín en 1821[1]
  • Capitán de Húsares do Exército Libertador, concedido pola súa participación na batalla de Junín.[3]
  • Coronela do Exército Libertador, suxerido por Antonio José de Sucre polos seus méritos durante a batalla de Ayacucho.[3]
  • Nos actos de conmemoración da batalla de Pichincha, o 22 de maio de 2007, foille concedido o rango de xenerala da República de Ecuador.[1][3]
  • A película de 2010 Manuela Sáenz. La libertadora del libertador recolle a súa biografía.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 García López, Ana Belén. "CVC. Las heroínas calladas de la independencia hispanoamericana, por Ana Belén García López.". cvc.cervantes.es (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  2. Un día como hoy, en 1828, se llevó a cabo la “Conspiración Septembrina” contra Simón Bolívar
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 García López, Ana Belén (2011-12-05). "La participación de la mujer en la independencia hispanoamericana a través de los medios de comunicación". Historia y Comunicación Social 16 (0). ISSN 1988-3056. doi:10.5209/rev_HICS.2011.v16.37148. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Murray, Pamela S. (2001). "Loca' or 'Libertadora'?: Manuela Sáenz in the Eyes of History and Historians, 1900-c.1990.". Journal of Latin American Studies 33: 291–310. JSTOR 3653686. 
  5. 5,0 5,1 "‘Loca’ or ‘Libertadora’?: Manuela Sáenz in the Eyes of History and Historians, 1900—c. 1990". The Journal of Latin American Studies 33 (2): 291–310. 2001.  citado en "Biografía y Obras de Manuela Sáenz". Eladd (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-28. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Murray, Pamela (2008). For Glory and Bolívar. Austin, Texas: University of Texas Press. pp. 156–160. ISBN 978-0292721517. 
  7. "Historiador Guillermo Morón deshonra memoria histórica de Manuela Sáenz". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]